13 mar 2020

Vídeo adicado á muller


Este vídeo foi elaborado por tres alumn@s de 2ª BACH C: Elías, Carmen e Natalia, na materia de Imaxe e Son, para o 8 de marzo. 
Para realizalo, contaron coa colaboración de varias profesoras e alumnas do centro, desde 1º de ESO ata Bacharelato.
O vídeo está inspirado na canción de Matriarcas de Guadi Galego. 
O resultado é espectacular e queremos compartilo convosco. Moitos parabéns!!!
Deixamosvos o enlace aquí:

5 mar 2020

8 de marzo

Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, e xa que este curso estamos a traballar co tema das biografías,  dende a biblioteca preparamos este boletín cunha selección de obras sobre mulleres.
Lembrade que ademáis xa podedes visitar na biblioteca a exposición Valentes (tamén sobre mulleres) cedida por Amnistía Internacional.


14 feb 2020

Homenaxeando a Concepción Arenal

Este xoves día 13, o salón de actos  acolleu un acto para homenaxear a figura da ilustre muller que da nome ao noso centro. Establecéronse dúas quendas, de mañá e tarde, nas que o alumnado de 3º da ESO e Bacharelato de adultos leron 25 frases relacionadas coa súa vida. 
O alumnado de Artes elaborou con moito agarimo as caretas que se luciron durante a lectura. 
O acto celebrouse en colaboración coa Asociación Cultural Conxeito e Ferroluna Teatro. 
Grazas a tod@s por facer posible esta iniciativa que resultou ser moi enriquecedora.



7 feb 2020

Encontro con Ana Alcolea

Esta semana veu visitar o noso centro a escritora zaragozana Ana Alcolea, especializada en literatura infantil e xuvenil e gañadora de varios premios.
Ao acto acudíu o alumnado de 2º da ESO que este curso leu a súa última obra El secreto del colibrí dorado. Tod@s amosaron moita curiosidade polo proceso de elaboración da novela e todo o que rodea o mundo literario. Para rematar moitos quixeron  que lles asinara os seus libros.
Grazas Ana por deixar a túa pegada entre a nosa xuventude!

                                                                                   

30 ene 2020

Bicentenario Concepción Arenal

O venres, 31 de xaneiro, cúmprense 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, muller que da nome ao noso instituto. Deixámosvos  este cartel no que recollemos materiais que poden ser de interese para coñecer a súa figura.




17 ene 2020

Fomento da lectura e Campionato de xadrez

Esta semana visitou a biblioteca a escritora Alba López Paredes que  falou, para o alumnado de 1º da ESO das dúas sagas que ten escritas. O alumnado foi moi participativo e amosou moito interés polos seus libros, que xa estamos a prestar. Dende aquí queremos darlle as gracias a Alba pola súa colaboración e por despertar o interese pola lectura entre o público máis xuvenil.


E lembrade, que un ano máis, comezamos co XADREZ
Esperamos moitos participantes.


19 dic 2019

Suxestións de Nadal



Para este tempo de Nadal, querémosvos recomendar algunhas lecturas 
que, de seguro, encherán as vosas horas de lecer. Desde a biblioteca, desexamos a  tod@s 
unhas moi boas festas e un merecido descanso!!!


13 dic 2019

Concurso Marcapáxinas

Xa temos as obras premiadas do Concurso de deseño de marcapáxinas. Noraboa a Nerea Sedes López de 2º Bac. B (1º premio), Xoana Abraira de Bernardo de 2º Bac. A (2º premio) e Noa Grandal Pérez de 1º ESO B (1º premio). Parabéns para todas/os as/os participantes. En breve teremos dispoñibles na biblioteca os calendarios que poderedes levar de agasallo.
A entrega de diplomas e vales-agasallo terá lugar o xoves 19, no segundo recreo, na biblioteca.



  
      1º Premio Bac.                               2º Premio Bac.                            1º Premio ESO

29 nov 2019

Contra a violencia de xénero

Para concienciar ao alumnado  e lembrar as víctimas da violencia de xénero, a biblioteca organizou unha charla levada a cabo pola asociación ALVIXE. Grazas Adriana por axudarnos a abrir os ollos e tomar conciencia desta lacra...















Ademáis, realizamos un acto simbólico, colocando  nas cadeiras da biblioteca un zapato (por cada muller falecida)  feito polo grupo de voluntarios. Durante o recreo, os usuarios da biblioteca foron recollendo os zapatos e deixándoos nun cadaleito para lembrar a cada unha das víctimas.






21 nov 2019

Concurso de marcapáxinas 2019-2020

Como cada ano, volvemos a convocar o concurso de deseño de marcapáxinas 2019-2020. 
Este ano, decidimos dedicalo con especial agarimo á nosa Concepción Arenal que cumpre 200 anos o 31 de xaneiro. Aquí vos deixamos as bases lembrándovos que hai dúas categorías (ESO e BACH) e dous premios por categoría.
Animádevos, sede creativ@s e participade!!! Esperamos con moita ilusión os vosos traballos!