Como cada curso, a semana pasada recibimos ao novo alumnado de 1º de ESO para explicarlles o funcionamento da biblioteca así como a distribución do seu fondo. Tamén recibiron formación sobre o novo protocolo de seguridade da biblioteca. Grazas a tod@s pola vosa participación!
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
19 oct 2020
1 oct 2020
Falecemento do creador de Mafalda, Quino
Temos que despedir a Quino, creador de Mafalda, gran ilustrador arxentino que faleceu onte na súa cidade natal aos 88 anos:
Outra vez sopa!”, di Mafalda
Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal. A nena sabia fainos rir coa súa mirada inocente e palabras tan certas e tan de actualidade moitas veces.
Aquí a vemos tratando de curar un mundo enfermo. Todos desexamos que o consiga...
23 sept 2020
11 sept 2020
Benvid@s ao curso 2020-2021
Ola a tod@s!
Desde a biblioteca estamos a traballar para comenzar o curso coas mellores garantías de seguridade.
Entre as novidades, imos habilitar un espazo no blog para que poidades completar o formulario e darvos de alta coma socios así como para solicitar os vosos libros con antelación.
Estade atentos xa que en breve publicaremos o noso protocolo de seguridade para que, de novo, a biblioteca volva a contar coa vosa presenza.
Ata moi pronto!
23 jun 2020
Recomendacións de Verán
Xa chega o final de curso, os raios de sol e as brisas de mar,
e con isto, non poden faltar
as nosas recomendacións de verán...
lecturas amenas, interesantes e instructivas
para encher as horas baleiras e días de lecer.
Lembrade ser prudentes e moi bo verán a tod@s!!!
Vémonos en setembro...
ver en pdf
e con isto, non poden faltar
as nosas recomendacións de verán...
lecturas amenas, interesantes e instructivas
para encher as horas baleiras e días de lecer.
Lembrade ser prudentes e moi bo verán a tod@s!!!
Vémonos en setembro...
ver en pdf
3 jun 2020
5 xuño: Día mundial do medioambiente
Para celebrar de xeito moi especial este día, elaboramos este cartel informativo
que vos deixamos a continuación.
Nel tamén atoparedes, entre outros, lecturas que espertarán , sen dúbida, o voso interese.
Ese día, lembrade que haberá un eclipse lunar chamado "lúa de amorodo"
Coidemos do noso planeta para poder disfrutalo máis tempo...
16 may 2020
Recitado "Carvalho Calero" 2019
Dende a biblioteca, queremos lembrar o recitado que tivo lugar o 30 de outubro de 2019 na capela do centro cultural Torrente Ballester.
Aquí vos deixamos o vídeo e o enlace onde o EDLG recolle toda a información sobre este recitado: http://revistafdp.blogspot.com/
13 may 2020
17 maio 2020: Día das letras galegas
Para celebrar este día,
realizamos este cartel lembrando con moito agarimo
ao noso ilustre ferrolán Ricardo Carvalho Calero e ás súas obras.
Tamén vos propoñemos o xogo
"quén é quén especial Letras Galegas"
que confeccionamos
para ver se os coñecedes a tod@s...
Esperamos que vos guste e lembrade que
a lectura sempre é fonte de coñecemento.
6 may 2020
Informando sobre as mascarillas
Usar a mascarilla é un acto solidario que protexe e axuda a non expandir a enfermidade.
Aquí vos deixamos un cartel informativo dos diferentes tipos e usos.
Ide con prudencia e sempre seguros...

1 may 2020
ADICADO AO DÍA DA NAI
Para celebrar o día da nai,
deixámosvos todos os debuxos que enviaron os/as vosos/as fillos/as.
Aquí aparecen todos os recibidos! Moitas grazas a todos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










