Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
26 mar 2014
Entrega de premios do concurso de Comparsas
Xa sabedes que hai anos que celebramos o venres anterior ao Entroido un concurso de comparsas.
Esta é unha das actividades que conta con maior participación do alumnado, que loce a súa imaxinación ideando divertidas postas en escea diante dun entusiasta público, moito do cal está tamén disfrazado.
O día 14 tivo lugar na biblioteca a entrega de premios:
O premio á mellor actuación déuselle á comparsa "Ghostbuster".
O xurado decidíu que o mellor disfraz era o da comparsa "Omega".
E para rematar, pero non en terceiro lugar, xa que os tres premios son igualmente importantes, a mellor letra foi a escrita pola comparsa "Regreso al pasado".Os seus compoñentes son os que posan co seu diploma na foto.
13 feb 2014
Celebramos San Valentín con bicos DE PELÍCULA!!!
BIKOS de CINE
View more presentations or Upload your own.
Marcos Calveiro no "Concepción Arenal"
Marcos Calveiro volve ao noso centro. Estará connosco o vindeiro luns 17 de febreiro ás seis da tarde no marco do encontro "A literatura infantil e xuvenil na Biblioteca escolar", que organiza a CFR de Ferrol.
Actualizamos a presentación sobre a súa figura que fixemos tempo atrás para que teñas unha pequena información sobre a obra deste prestixioso e multipremiado escritor, moi lido no noso centro.
Actualizamos a presentación sobre a súa figura que fixemos tempo atrás para que teñas unha pequena información sobre a obra deste prestixioso e multipremiado escritor, moi lido no noso centro.
Marcos Calveiro
View more presentations or Upload your own.
19 ene 2014
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
" Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" Mahatman Gandhi
GUÍA DE RECURSOS:
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
GUÍA DE RECURSOS:
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
Materiais para traballar o día da
paz 1º ciclo da ESO http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2011/01/tutorc3adas-para-trabajar-la-semana-de-la-paz-actividades.pdf
http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2011/01/tutorc3adas-para-trabajar-la-semana-de-la-paz-actividades-segundo-ciclo-y-bachillerato.pdf
Materiais de UNICEF
Materiais de UNICEF
DATOS E DATAS
http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/datasedatos.html
22 dic 2013
Felices Festas co concurso "Tarxetas de Nadal"
Desde a biblioteca queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un venturoso ano 2014.
E para ilustrar os nosos bos desexos, unha selección das tarxetas de Nadal que se presentaron ao concurso que por quinto ano organizou a ANPA do centro. Con todos os orixinais montamos unha mostra que está esperando a vosa visita.
Que teñades moitos agasallos e que gocedes das vosas lecturas.
19 dic 2013
Concurso de ilustración
| 2º Premio |
| 1º Premio |
O equipo da biblioteca convocou un concurso de ilustración co tema " Algo máis ca libros".
O alumnado participante inspirouse nesta frase e ilustrou todos os mundos, todas as experiencias que poden ter lugar nunha biblioteca.
Os traballos premiados, así comos seleccionados están expostos na biblioteca.
Resultaron gañadores do concurso Pablo ( 1º Premio) e Andrea ( 2º Premio) os dous de 2º G Bach. O equipo quedou moi satisfeito coa participación e a boa calidade dos orixinais presentados.
Enhoraboa a todos/as participantes.
Enhoraboa a todos/as participantes.
11 dic 2013
Coñecer a Mandela
Nelson Mandela- Viaje a la libertad
Recomendamos os seguintes libros:
El largo camino hacia la libertad, de Nelson Mandela: Autobiografía do grande loitador pola defensa dos dereitos
humanos, publicada por primeira vez en 1994. Describe o camiño
que levou na súa exemplar vida, dende os
seus días de estudante, a súa estadía en Johannesburgo,
e os actos que o fixeron acredor do premio Nobel da Paz, pola súa
loita contra a opresión racial, a súa
vitoria ao establecer en África nunha democracia sen distinción racial.
Conversaciones conmigo mismo: Biografía a partir de manuscritos recompilados pola Fundacion
Nelson Mandela. Neste tomo encóntranse os seus pensamentos,
borradores a cartas para xefes de Estado, a súas reflexiones durante o período
en que se encontrou no cárcere, e ao longo de máis de 50
anos de vida.
¡Qué lejos hemos llegado los esclavos!: Sudáfrica y Cuba
en el mundo de hoy En 1991 Nelson Mandela reúnese con Fidel
Castro, neste encontro falan sobre os seus países, África y
Cuba, respectivamente. A conversa xira en torno á relación especial que teñen
os seus pobos, o lugar na historia de
cada un, e sobre todo as loitas sociales que con levan.
El Factor Humano, John Carlin: Novela que retrata a Nelson Mandela que loitaría pola paz racial entre os
africanos. A historia cobra vida en 1995, cun país dividido tanxente mente entre razas, en onde se
encontraba discriminación e resentimento; porén, durante o mundial de rugby, unha
vitoria une aos sudafricanos.
Me llamo Nelson Mandela, de Isabel Muntane: Titulo dedicado para nenos e rapaces,
presenta a biografía da figura que marco a historia. Ideal para
que nenos coñezan a vida de Nelson Mandela e os seus ideais, que axudaron a
centos de persoas en Sudáfrica.
21 nov 2013
En lembranza de Doris Lessing
Doris Lessing, considerada unha das escritoras máis influíntes do século XX, morreu o pasado domingo, o día 17 de novembro. Nacida en Persia (hoxe Irán) e crecida en Rodesia (hoxe Zimbabwe) no ocaso do colonialismo, Doris foi unha muller intelixente, valente e decidida que na súa longa vida –tiña 94 anos– andou comprometida coas loitas sociais, cos desvaforecidos, con África, coas mulleres, co ecoloxismo, co pacifismo… En 1999 foi quen de rexeitarlle á raíña Isabel II o título de Dama do Imperio Británico.
Só un título entre a súa prolífica obra está traducido ao galego. Trátase da súa obra máis recoñecida e que, hoxe en día, segue a ser un dos referentes do feminismo: "O caderno dourado" (Galaxia, 2009). Trátase dunha novela con trasfondo autobiográfico que ten como protagonista a unha muller que aspira a ter a liberdade dun home.
En 2007 cando lle foi entregado o Nobel de Literatura fixemos unha presentación para divulgar a súa figura. Agora que polo seu pasamento tanto se está a falar desta interesantísima muller, achegamos coas oportunas modificacións aquel traballo.
Só un título entre a súa prolífica obra está traducido ao galego. Trátase da súa obra máis recoñecida e que, hoxe en día, segue a ser un dos referentes do feminismo: "O caderno dourado" (Galaxia, 2009). Trátase dunha novela con trasfondo autobiográfico que ten como protagonista a unha muller que aspira a ter a liberdade dun home.
En 2007 cando lle foi entregado o Nobel de Literatura fixemos unha presentación para divulgar a súa figura. Agora que polo seu pasamento tanto se está a falar desta interesantísima muller, achegamos coas oportunas modificacións aquel traballo.
15 nov 2013
25 de novembro, DÍa contra a violencia de Xénero
O Equipo da biblioteca organizou unha charla-coloquio sobre a violencia de xénero, levada a cabo por ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos). Participaron na actividade o alumnado de 4º ESO.
Aquí os deixamos unha serie de recursos para seguir traballando nas aulas.

-- Secretaría Xeral de Igualdade: Que é a violencia de xénero?
-- Unidade didáctica da Xunta, "Combatamos a violencia
Aquí os deixamos unha serie de recursos para seguir traballando nas aulas.

-- Secretaría Xeral de Igualdade: Que é a violencia de xénero?-- Unidade didáctica da Xunta, "Combatamos a violencia
-- Concellería de igualdade do concello de Vigo; Datos e Datas.
-- Unidade didáctica do Concello de Lugo: Revista Rapazas
Se picades enriba do que aparece a cor, entraredes directamente nas páxinas web.
-- Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros,
"Educando en igualdade"
-- Unidades didácticas do Sindicato de traballadores/as do
Ensino de Galicia (STEG): "Violencia de xénero, non!". Educ. Secundaria.
-- Educando en igualdade, unidade didáctica de FETE-UGT
-- Materiais didácticos para a comunidade educativa,
organizados por ciclos: baionaorg.
Se picades enriba do que aparece a cor, entraredes directamente nas páxinas web.
14 nov 2013
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013
Se desexas coñecer a figura do premiado, pica enriba do nome e descubrirás moitas cousas.
Na biblioteca está a vosa disposición esta obra, que os invitamos a coñecer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








