28 nov 2024

REMATANDO O MES DA CIENCIA

 O alumnado do Ciclo Medio de Laboratorio exerceu de titor dos rapaces de 1º de ESO realizando experimentos e xogos de ciencia na biblioteca. Resultou ser unha actividade enriquecedora e integradora demostrando a boa sinerxia entre alumnos/as de idades diferentes.







ACTIVIDADES 25N



                                     

O alumnado de 3º da ESO tamén estivo a colaborar decorando con globos a entrada da Biblioteca para visibilizar este día e lembrar as 41 vítimas que morreron violentamente en España no 2024.








21 nov 2024

CHARLAS NO MES DA CIENCIA

 A semana pasada, realizouse una charla informativa sobre Formación Profesional Dual, dirixida ao alumnado de segundo curso de Ciclo Medio de Laboratorio e do Ciclo Superior de Química e Saúde ambiental.



E esta semana, por unha banda,  levouse a cabo unha charla na que participou  o alumnado de Educación dixital  de 3º da ESO titulada "Iniciación segura á pegada dixital".


E por outra banda, para festexar o día mundial da Filosofía, o xoves 21 de novembro, tivo lugar na biblioteca un" café filosófico" para debatir sobre o nada, moderado por José, un dos profesores de filosofía e coa participación do alumnado de distintos niveis.



18 nov 2024

CIENCIA NO CINE

 Seguimos a traballar a temática do cine e aproveitando a ocasión para celebrar que novembro é o mes da ciencia en galego, presentámosvos esta selección de películas que temos dispoñibles na Biblioteca arredor deste tema. Tamén  podedes visitar na biblioteca unha mostra de libros en galego sobre temática científica.






11 nov 2024

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2024

Como cada ano, abrimos o prazo para presentar as vosas creacións que deben versar este curso sobre 

O CINE.

 Aquí vos deixamos as bases para que as consultedes e se tedes dúbidas preguntade na Biblioteca. Esperamos que sexades moit@s @s que participedes para poder amosar a arte que hai no noso instituto💓



SAMAÍN

 Así de terrorífico luciu o noso instituto grazas ao traballo que realizou o alumnado voluntario durante os recreos coa axuda do profesorado organidor do obradoiro.


Asemade, para  a ocasión, a biblioteca elaborou esta presentación que vos deixamos aquí sobre cine de  terror: