Un curso máis, e xa van tres, púxose en marcha o Desafío galego, unha iniciativa promovida polo EDLG do noso instituto coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega. Nesta ocasión contouse, como madriña do evento, coa poeta e instagramer Nuria Vilán Prado, máis coñecida como "Nuria Vil", cuxa intervención tivo lugar o mércores 13 de Marzo, no salón de actos.
A iniciativa rematou o venres, día 22, cunha excursión a Ourense onde o profesor Manuel Rei presentou o libro "Otero Pedrayo no IES Concepción Arenal".