Esta semana na biblioteca desenvolvéronse dous obradoiros.
O luns, día 19, aprendimos grazas à ponente da facultade de Fisioterapia da UDC a importancia que ten o uso correcto das mochilas para a saúde da nosa columna e os nosos músculos.
E o martes, día 20, Amnistía Internacional impartiu un obradoiro entre o alumnado de 2º da ESO sobre a necesidade de establecer vínculos emocionais dun xeito saudable. Agradecemos a súa boa predisposición a traballar connosco.