21 jun 2023

LECTURAS VERÁN

 Rematamos un curso máis e despedímonos de tod@s vós ata setembro cunha serie de recomendacións lectoras para o verán. Dende a biblioteca queremos desexarvos...

MOI BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS !!!




19 jun 2023

PRESENTACIÓN LATINISMOS

O departamento de artes,en colaboración co de clásicas, elaborou as fermosas ilustracións que podedes ver a continuación, baseándose nas frases latinas cuxa tradución e historia amósansevos acompañando ás imaxes.

13 jun 2023

TEXTO INÉDITO OTERO PEDRAYO

O noso instituto acaba de editar un libro a partir dun manuscrito inédito, atopado no arquivo do centro,  do  gran escritor Ramón Otero Pedrayo. Deixámosvos aquí o enlace de prensa onde atoparedes máis información sobre a noticia, e lembrámosvos que o libro xa está  dispoñible na biblioteca para o seu préstamo.



7 jun 2023

ANIVERSARIO AZORÍN


 O xoves, 8 de xuño, cúmplense 150 anos do nacemento do escritor "Azorín", un dos fundadores, xunto con Pío Baroja e Ramiro de Maeztu, do movimiento literario, A Xeración do 98. 

Para lembrar esta data, presentámosvos este cartel no que recollemos unha pequena reseña sobre a súa figura e as obras coas que contamos na biblioteca.




5 jun 2023

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972.  

Moitos dos problemas medioambientais que afectan ao noso planeta veñen derivados do noso xeito de consumir. De feito, estímase que en 2050 faranos falta o equivalente a case tres planetas para conseguir os recursos naturais necesarios para manter o ritmo de vida actual.  

Así que vos recomendamos unha serie de lecturas que vos permitirán coñecer o que ás veces hai detrás dos productos que mercamos  e, ao mesmo tempo,  vos poden axudar a levar unha vida máis sostible. 

O planeta volo agradecerá!!!