27 abr 2023

OBRADOIRO DE LINGUA DE SIGNOS

 Coa idea de propiciar a participación de toda a comunidade educativa e como un acto de inclusión, desde o mércores 19 de abril, na biblioteca estase a desenvolver un obradoiro de lingua de signos.

Non é necesaria a inscripción previa, así que podedes vir cando queirades nos segundos recreos dos martes e mércores.



24 abr 2023

#DESAFÍO GALEGO

Do martes 11 ao venres 21 de abril tivo lugar unha nova edición do #Desafío galego. Nesta ocasión apuntáronse 274 alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos, que durante estes dez días  comprometéronse ao uso da lingua galega entre as persoas participantes e a galeguizar as redes sociais. 

Para esta edición contamos como padriño co youtuber Mario Brión, máis coñecido como "Olaxonmario", que realizou un obradoiro sobre creación cultural e dixital contemporánea en galego denominado "Gallaecia Pop".

A iniciativa rematou cunha convivencia no parque das Fraguas do Eume.






19 abr 2023

DÍA DO LIBRO

 O vindeiro domingo, día 23, celebrarase o Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor. Nesta ocasión, dende a biblioteca adicarémolo á escritura, poñendo en marcha as seguintes iniciativas:

*Concurso "Creapalabra": trátase de crear unha nova palabra e explicar o seu significado.

*Mostra na biblioteca de libros que xiran arredor da escritura e o arte de escribir.

*Recomendacións de libros  recollidos no cartel que aquí vos amosamos.

E lembrade que os días 21, 22 e 23 poderedes visitar a Feria do Libro de Ferrol na Praza da Constitución (Cantón)


11 abr 2023

CHARLA SOBRE ENXENERÍA XENÉTICA E ENTREVISTA DA TVG

O venres,  31 de marzo, na biblioteca tivo lugar unha charla orientada ao alumnado de 4º da ESO sobre enxeñería xenética, a cargo do investigador Alejando Soriano Soto.

O noso instituto é un dos cinco centros educativos de Galicia acollidos ao programa Amgen TransferCiencia,  para o fomento das vocacións científicas entre o alumnado adolescente. Por esta razón, contamos coa presencia da TVG que entrevistou ao ponente e a dous dos nosos estudantes.