O xoves 30 levouse a cabo un obradoiro sobre a Adquisición de habilidades relacionais para previr o acoso, no que participou o alumnado de 1º da ESO, da man de Marga e Cris, de Amnistía Internacional.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
31 mar 2023
OBRADOIRO CON EDUARDO HERMIDA
Recentemente visitou o noso centro o multifacético artista ferrolán Eduardo Hermida, creador do Festival das Meninas de Canido, para levar a cabo un obradoiro co alumnado de artes de 1º de bacharelato, Na actividade a rapazada presentou os seus proxectos; algúns deles chegarán a adornar as rúas e prazas de Canido na vindeira convocatoria, que terá lugar no mes de setembro.
21 mar 2023
DÍA DA POESÍA E EXPOSICIÓN LATINISMOS
14 mar 2023
14 DE MARZO, DÍA DO NÚMERO PI
Como tod@s saberedes 3,14 son as primeiras tres cifras significativas do número pi; por esta razón o 14 de marzo (3º mes do ano) foi o día escollido para festexar esta data.
O alumnado de 1º da eso estivo a traballar para a ocasión realizando representacións gráficas a partir dos díxitos do número Pi, e aquí podedes ver o "colorido" resultado.
7 mar 2023
DÍA DA MULLER
5 mar 2023
TEATRO EN FRANCÉS
O alumnado de francés de 3º de ESO e 4º de ESO realizou unha saída para ver a obra de teatro "LE TOUR DU MONDE DE NELLIE BLY" da compañía BHM, coa participación da Biblioteca onde traballamos na mellora de fondos en colaboración cos diferentes departamentos. A obra teatral baseada no libro de Jules Verne dalle especial relevancia á figura de Nellie Bly, muller pioneira na súa época.