23 feb 2023

DÍA DE ROSALÍA

Este xoves e venres festexaremos o Día de Rosalía con lecturas nas aulas, escoitando os seus poemas musicados, vendo vídeos, facendo kahuts...e moitas cousas máis.   

 E na biblioteca poderedes ver unha pequena mostra sobre a súa obra e figura.



17 feb 2023

LECTURAS GASTRONÓMICAS

 Achégase o Entroido,  e con él as filloas, as orellas, o cocido.... Para estas festas desde a biblioteca temos preparada unha mostra con "suculentas" lecturas, de temática gastronómica, que podedes levar emprestados para estos próximos días de vacacións.



15 feb 2023

CHARLA SOBRE ÁNGELES ALVARIÑO

Seguindo coas actividades do Día Da Muller e a nena na ciencia, este luns, día 13, contamos coa grata presenza de Mª José Leira, antiga alumna e profesora deste centro, para falarnos sobre a figura da súa tía, ÁNGELES ALVARIÑO, científica ferrolana, que foi pioneira dentro do campo da oceanografía, nun tempo no que as mulleres non o tiñan nada fácil para desenvolverse profesionalmente. 
Grazas, Mª José por achegarnos dun xeito tan íntimo á figura desta valente e gran muller.


8 feb 2023

11 FEBREIRO

Desde o 2015, cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. 
O lema escollido para este ano 2023 é "Innovar. Demostrar. Elevar. Soster" (I.D.E.A.S.) 
Coa intención de concienciar do importante que é crear referentes femininos para potenciar a vocación científica, moitos de vós estivestes a traballar sobre a figura de mulleres científicas  ao longo da historia. Aquí vos deixamos unha mostra deste traballo


1 feb 2023

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Aquí vos amosamos as distintas colaboracións do alumnado e voluntariado para conmemorar o Día da non violencia e da Paz: un mundo de corazóns exposto na Biblioteca e pombas da Paz expostas no vestíbulo. 
Grazas a tod@s pola vosa colaboración!