Recordámosvos que hoxe, 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas:
Por unha banda, o Día Escolar da Non-violencia e a Paz en lembraza da morte do lider pacifista Mahatma Gandhi e coa finalidade de educar en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
E por outro, o Día da Ilustración, en recordo do nacemento de Castelao, coa finalidade de reinvindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración e que este ano homenaxeará a pintora coruñesa María Antonia Dans.
Para celebrar estas dúas datas na biblioteca preparamos unha pequena mostra con materiais que aúnan ambas conmemoracións.