20 dic 2023

RECOMENDACIÓNS NADAL

Este curso, dende a biblioteca, escollimos o tema da Historia para traballar dende distintos campos, así que para estas datas de nadal as nosas recomendacións lectoras centraranse na novela histórica.  

Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas moi FELICES FESTAS e un FELIZ ANO NOVO!!!
Que descansedes moito ao carón dun bo libro e unha mantiña!














28 nov 2023

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2023/24

 Xa temos preparadas as bases para  o concurso de marcapáxinas deste novo curso. 

A temática "navegando pola historia" será o obxectivo das vosas creacións. Aquí vos deixamos o cartel con todos os detalles e se tedes calquera dúbida, preguntádenos!





24 nov 2023

25N, DÍA ÍNTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Para conmemorar este día e lembrar as vítimas de violencia, realizamos un obradoiro de pulseiras durante os recreos coa colaboración dalgúns voluntarixs. Grazas pola vosa participación!



Asemade, preparamos unha mostra de libros que versan sobre igualdade de xénero para traballar na eliminación da violencia contra as mulleres.







 

14 nov 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Para conmemorar estas datas especiais para a ciencia en galego, lembrade visitar a mostra que preparamos na biblioteca sobre libros que versan sobre este tema. 

Como dixo Albert Einstein "A maioría das ideas fundamentais son esencialmente sinxelas e, por regra xeral, poden ser expresadas nunha linguaxe comprensible para todos e todas."



8 nov 2023

SAMAÍN

 Para esta ocasión, deixamos mostra do gran traballo colaborativo de profesorado e alumnado para decorar o vestíbulo do centro. Arañas, tumbas, meigas e oscuridade invadiron a entrada do instituto deixando un rastro de arrepíos e algún que outro susto. 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un concurso de vídeo-contos de medo que, de seguro, nos fixo tremer de terror, así como un concurso de epitafios arrepíantes que quedaron expostos na biblioteca. Para rematar as actividades tamén realizamos, durante os recreos, tatuaxes para aqueles usuarios/as que o desexaban.

                                                















27 oct 2023

CHARLA DE PREVENCIÓN DA TENDENCIA SUICIDA

 

O Xoves 26 acollemos na biblioteca á asociación ALAR que impartiu unha charla de prevención do suicidio orientada ás familias e ao persoal do centro. Agradecemos tanto á poñente como aos asistentes a súa participación, posto que é moi necesario tratar esta delicada temática nos tempos que corren.






25 oct 2023

PREPARANDO O SAMAÍN

 Xa estamos a quentar motores organizando o Samaín. Animádevos a participar. 

Aquí vos deixamos a información e unha pequena mostra do que estamos a facer.



23 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023

 Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e nesta ocasión, para conmemorar esta data, dende a biblioteca preparamos unha presentación na que vos amosamos unha serie de películas de misterio  nas que a biblioteca forma parte da trama ou é un escenario máis.


Para a ocasión,  no vestíbulo do centro decidimos preparar unha mesa con libros expurgados da biblioteca co fin de quen quixera levase un exemplar, dándolle así unha segunda vida aos libros.



16 oct 2023

CENTENARIO ITALO CALVINO

 Este domingo, 15 de outubro, cumpríronse 100 anos do nacemento do escritor italiano Italo Calvino. Dende a biblioteca queremos lembrar a súa figura presentándovos o seguinte cartel no que vos amosamos unha pequena reseña biográfica así como os libros que temos dispoñibles na biblioteca.



9 oct 2023

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Co gallo do 10 de outubro, Día da Saúde Mental, desde a biblioteca queremos contribuír a visibilizar e prestar máis atención a este aspecto da saúde cunha pequena mostra en BD.


 Tamén  preparamos o seguinte cartel no que vos amosamos unha serie de prácticas para o benestar mental. Poñedes algunha delas en práctica?





3 oct 2023

 Pouco a pouco imos facendo cousiñas dende a Biblioteca do insti. A pasada semana leváronse a cabo as sesións para a formación de usuarios do alumnado de 1º da ESO e a visita do profesorado de nova incorporación.

Asemade fixemos a entrega de diplomas ao alumnado voluntario do curso pasado. Tamén queremos anunciarvos que xa podedes apuntarvos ao Torneo de xadrez. Aquí vos deixamos algunha imaxe das actividades así como o cartel do devandito torneo.




22 sept 2023

QUENTANDO MOTORES!!!

Iniciamos a andaina deste novo curso presentándovos as novas propostas  da biblioteca. Xa temos aberta a convocatoria para participar tanto  no Club de Lectura como no Voluntariado da Biblioteca.

Asemade  faranse visitas guiadas á biblioteca tanto para o alumnado como o profesorado.

ESPERÁMOSVOS!




12 sept 2023

VOLTAMOS!

Rematadas as vacacións de verán, das que esperamos teñades disfrutado, comeza unha nova andaina na que esperamos contar con todo@s vós.
Dende a biblioteca xa estamos a argallar novas propostas das que vos iremos informando.
BÓ REGRESO ÁS AULAS!!!



21 jun 2023

LECTURAS VERÁN

 Rematamos un curso máis e despedímonos de tod@s vós ata setembro cunha serie de recomendacións lectoras para o verán. Dende a biblioteca queremos desexarvos...

MOI BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS !!!




19 jun 2023

PRESENTACIÓN LATINISMOS

O departamento de artes,en colaboración co de clásicas, elaborou as fermosas ilustracións que podedes ver a continuación, baseándose nas frases latinas cuxa tradución e historia amósansevos acompañando ás imaxes.

13 jun 2023

TEXTO INÉDITO OTERO PEDRAYO

O noso instituto acaba de editar un libro a partir dun manuscrito inédito, atopado no arquivo do centro,  do  gran escritor Ramón Otero Pedrayo. Deixámosvos aquí o enlace de prensa onde atoparedes máis información sobre a noticia, e lembrámosvos que o libro xa está  dispoñible na biblioteca para o seu préstamo.



7 jun 2023

ANIVERSARIO AZORÍN


 O xoves, 8 de xuño, cúmplense 150 anos do nacemento do escritor "Azorín", un dos fundadores, xunto con Pío Baroja e Ramiro de Maeztu, do movimiento literario, A Xeración do 98. 

Para lembrar esta data, presentámosvos este cartel no que recollemos unha pequena reseña sobre a súa figura e as obras coas que contamos na biblioteca.




5 jun 2023

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972.  

Moitos dos problemas medioambientais que afectan ao noso planeta veñen derivados do noso xeito de consumir. De feito, estímase que en 2050 faranos falta o equivalente a case tres planetas para conseguir os recursos naturais necesarios para manter o ritmo de vida actual.  

Así que vos recomendamos unha serie de lecturas que vos permitirán coñecer o que ás veces hai detrás dos productos que mercamos  e, ao mesmo tempo,  vos poden axudar a levar unha vida máis sostible. 

O planeta volo agradecerá!!!



 




16 may 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Este ano, as Letras Galegas están dedicadas ao prolífico autor Francisco Fernández del Riego, un dos artífices da editorial Galaxia. Incansable traballador a prol da cultura galega, recibe este especial recoñecemento neste ano 2023.

Aquí vos deixamos a presentación realizada pola compañeira do departamento de galego, Elvira.

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

Recordade que podedes pasar pola biblioteca a visitar a exposición sobre súa figura, enviada pola Secretaría Xeral de Política lingüística, así como a mostra que preparamos coas obras que temos dispoñibles na biblioteca.

12 may 2023

CONCURSO CREAPALABRA

Este venres fixemos entrega dun pequeno agasallo ao  alumnado premiado no Concurso "Creapalabra": Adriana García de 1º eso-B, pola súa palabra "Turbotrónico" e Martín Rodríguez de 4º eso-B, por "Populomoto". Parabéns a tod@s @s que participáchedes e noraboa @s premiad@s.



27 abr 2023

OBRADOIRO DE LINGUA DE SIGNOS

 Coa idea de propiciar a participación de toda a comunidade educativa e como un acto de inclusión, desde o mércores 19 de abril, na biblioteca estase a desenvolver un obradoiro de lingua de signos.

Non é necesaria a inscripción previa, así que podedes vir cando queirades nos segundos recreos dos martes e mércores.



24 abr 2023

#DESAFÍO GALEGO

Do martes 11 ao venres 21 de abril tivo lugar unha nova edición do #Desafío galego. Nesta ocasión apuntáronse 274 alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos, que durante estes dez días  comprometéronse ao uso da lingua galega entre as persoas participantes e a galeguizar as redes sociais. 

Para esta edición contamos como padriño co youtuber Mario Brión, máis coñecido como "Olaxonmario", que realizou un obradoiro sobre creación cultural e dixital contemporánea en galego denominado "Gallaecia Pop".

A iniciativa rematou cunha convivencia no parque das Fraguas do Eume.






19 abr 2023

DÍA DO LIBRO

 O vindeiro domingo, día 23, celebrarase o Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor. Nesta ocasión, dende a biblioteca adicarémolo á escritura, poñendo en marcha as seguintes iniciativas:

*Concurso "Creapalabra": trátase de crear unha nova palabra e explicar o seu significado.

*Mostra na biblioteca de libros que xiran arredor da escritura e o arte de escribir.

*Recomendacións de libros  recollidos no cartel que aquí vos amosamos.

E lembrade que os días 21, 22 e 23 poderedes visitar a Feria do Libro de Ferrol na Praza da Constitución (Cantón)


11 abr 2023

CHARLA SOBRE ENXENERÍA XENÉTICA E ENTREVISTA DA TVG

O venres,  31 de marzo, na biblioteca tivo lugar unha charla orientada ao alumnado de 4º da ESO sobre enxeñería xenética, a cargo do investigador Alejando Soriano Soto.

O noso instituto é un dos cinco centros educativos de Galicia acollidos ao programa Amgen TransferCiencia,  para o fomento das vocacións científicas entre o alumnado adolescente. Por esta razón, contamos coa presencia da TVG que entrevistou ao ponente e a dous dos nosos estudantes.



31 mar 2023

OBRADOIRO DE AMNISTÍA INTERNACIONAL

O xoves 30 levouse a cabo un obradoiro sobre a Adquisición de habilidades relacionais para previr o acoso, no que participou o alumnado de 1º da ESO, da man de Marga e Cris,  de Amnistía Internacional.





OBRADOIRO CON EDUARDO HERMIDA

Recentemente visitou o noso centro o multifacético artista ferrolán Eduardo Hermida, creador do Festival das Meninas de Canido, para levar a cabo un obradoiro co alumnado de artes de 1º de bacharelato, Na actividade a rapazada presentou os seus proxectos; algúns deles chegarán a adornar as rúas e prazas de Canido na vindeira convocatoria, que terá lugar no mes de setembro.



21 mar 2023

DÍA DA POESÍA E EXPOSICIÓN LATINISMOS

Hoxe martes, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía, festividade proclamada pola UNESCO no ano 1999. Na biblioteca temos preparada unha pequena mostra sobre poetisas galegas coa que queremos reinvindicar o papel da muller nesta faceta literaria.


Asemade, queremos recordarvos de que tamén podedes visitar a exposición sobre Latinismos cos traballos realizados polo alumnado de bacharelato de Artes: Unha mostra creativa da expresión oral.



14 mar 2023

14 DE MARZO, DÍA DO NÚMERO PI

Como tod@s saberedes 3,14 son as  primeiras tres cifras significativas do número pi; por esta razón o 14 de marzo (3º mes do ano) foi o día escollido para festexar esta data.

O alumnado de 1º da eso estivo a traballar para a ocasión realizando representacións gráficas a partir dos díxitos do número Pi, e aquí podedes ver o "colorido" resultado.


 

7 mar 2023

DÍA DA MULLER

Dentro das actividades programadas polo Día da Muller  contamos coa presencia  noso centro de Rosa Aneiros que se reuniu co alumnado de 2º de bacharelato  para tratar sobre o seu libro "Sibila". E, por outra banda, María Solar mantivo unha charla por skype co alumnado de 3º da eso para falar sobre a súa obra "Os nenos da varíola".


Asemade, dende a biblioteca vos amosamos a seguinte presentación sobre mulleres galegas. A cántas delas coñeces?



5 mar 2023

TEATRO EN FRANCÉS

 O  alumnado de francés de 3º de ESO e 4º de ESO  realizou unha saída para ver a obra de teatro "LE TOUR DU MONDE DE NELLIE BLY" da compañía BHM,  coa participación da Biblioteca onde traballamos na mellora de fondos en colaboración cos diferentes departamentos. A obra teatral baseada no libro de Jules Verne  dalle especial relevancia á figura de Nellie Bly, muller pioneira na súa época. 

 

  








23 feb 2023

DÍA DE ROSALÍA

Este xoves e venres festexaremos o Día de Rosalía con lecturas nas aulas, escoitando os seus poemas musicados, vendo vídeos, facendo kahuts...e moitas cousas máis.   

 E na biblioteca poderedes ver unha pequena mostra sobre a súa obra e figura.