As letras están de loito. Este mércores día 18 faleceu o escritor vigués Domingo Villar, mestre da novela negra e pai literario do inspector Leo Caldas, aínda que seguirá a vivir entre nós a través das súas obras.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
19 may 2022
11 may 2022
Letras Galegas 2022
Aproxímase o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e para a ocasión a nosa compañeira Elvira Roiz preparou esta magnífica presentación sobre o autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán, que destacou pola súa obra poética e a súa defensa dos valores democráticos en tempos adversos.
Preme na imaxe para velo video.
4 may 2022
Semana do Libro e outras actividades
Esta última semana de abril, que adicadamos ao Libro, desde a biblioteca preparamos, para o alumnado de 1º da ESO, unha actividade lúdica enfocada a mellorar os seus coñecementos sobre a CDU. Para isto, cada grupo foi dividido á súa vez en grupos de 3/4 alumn@s; o equipo que antes rematou a actividade sen erros foi agasallado cunha libreta.
E tamén nesta última semana acollimos na biblioteca dúas charlas divulgativas,das que aquí vos deixamos foto e información:
"Vida en Xapón. Proxecto: Microorganismos e metais pesados", a cargo de Ánxela Ares, investigadora no Okinawa Institute of Science and Technology |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)