23 abr 2022

DÍA DO LIBRO 2022

 Un día tan especial coma hoxe non queremos deixar de lembrar que ler activa a imaxinación e mellora o noso pensamento. Así que, de forma especial, animámosvos a buscar ese momento de paz e sumerxirvos na lectura dalgún libro novo ou antigo, deses que xa lemos hai tempo...

Dende a biblioteca, estamos a preparar unhas actividades para esta semana que, pronto, vos daremos a coñecer...



13 abr 2022

Charla sobre o Descubrimento de fármacos

 O venres, 8 de abril, dimos por rematadas as actividades deste segundo trimestre  coa charla “Descubrimento de fármacos”, dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía. A charla encádrase dentro do Programa “A Ponte” da Universidade de Santiago de Compostela e  foi impartida polo profesor  Alberto José Coelho. 

Que teñades unhas boas e felices vacacións!!! e vémonos á volta.