31 mar 2022

PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL

Temos unha excelente nova!

 Incorporamos ao noso blog na marxe dereita un acceso á nova plataforma de préstamos dixitais que ofrece a Consellería aos centros integrados no Plambe a tódolos usuarios/as da biblioteca. 



Para poder disfrutar dela, podedes recoller o voso usuario e a vosa clave na biblioteca. 

Para calquera aclaración, estaremos encantad@s de atendervos...



30 mar 2022

Charla "Lola e o mar"

 Rematamos o mes de marzo adicado á muller cunha charla que ademáis conecta coa nosa temática "Lugares e xentes": O alumnado de 4º da ESO tivo un encontro coa investigadora do Instituto Español de Oceanografía Lola Garabana, quen nos falou da súa traxectoria profesional dende as súas viaxes como tripulante en barcos pesqueiros ata a súa labor actual como investigadora. 

Dámoslle as grazas por compartir as súas experiencias e por ser un exemplo de empoderamento feminino. 



23 mar 2022

Día da Poesía e Aniversario de Miguel Hernández


O luns 21 celebrouse o Día Mundial da Paz, establecido pola Unesco en París en 1999, coa finalidade de apoiar a diversidade lingüística e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan ameazadas. E, por outra banda, o luns 28 cumpriranse 80 anos da morte de Miguel Hernández, poeta que soubo reflectir a angustia que lle producían os efectos devastadores da guerra. Por este motivo, decidimos aunar estas dúas conmemoracións destacando a poesía deste autor que segue vixente nestes momentos convulsos para a humanidade.







 

18 mar 2022

Charla Sistema universitario anglosaxón

 O pasado día 7, estivo na nosa biblioteca Kerry McKenitt, xefa de estudos da EOI de Ferrol, para explicar ao alumnado de 2º de bacharelato, que cursa a materia optativa de Reforzo de inglés, o funcionamento do sistema universitario nos países anglosaxóns. Grazas pola súa cercanía cos rapaces/zas e bo rato que nos fixo pasar.






11 mar 2022

"Habelas, hailas" (Lecturas 8M)

Aínda que a miúdo atoparon dificultades para formarse, difundir e comercializar o seu traballo, así como para obter recoñecemento, sí houbo mulleres que pintaron, esculpiron, compuxeron... Mulleres artistas cuxa existencia viuse silenciada e borrada dos libros.
Por iso, co gallo do Día Internacional da Muller, presentámosvos unha seleción de materiais nos que as protagonistas son mulleres de onte e de hoxe e de diferentes disciplinas artísticas.






 

8 mar 2022

ENCONTRO CON AURORA MARCO

Para festexar o Día Internacional da Muller, este luns día 7, contamos na nosa biblioteca con Aurora Marco,  autora de numerosas publicacións de lingua e literatura, de mulleres e xénero e de memoria histórica. Nesta ocasión mantivo un encontro co alumnado de 4º da ESO para falar do seu libro Irmandiñas, obra na que se dá visibilidade e voz a todas as mulleres vinculadas ás "Irmandades da Fala".