28 ene 2022

Visita de galeses e irlandeses e Charla de Quérote+

 Este é o terceiro ano no que o noso instituto forma parte do Proxecto Lang Teaching in Bilingual Country ILG 2019-1-UK01-KA201-061951, proxecto de intercambio con países que posúen dúas linguas oficiais. Dentro das actividades encadradas neste grupo de traballo, esta xoves, día 27, recibimos a visita dos socios de Gales e Irlanda. 


A recepción tivo lugar na biblioteca e para a ocasión, a nosa compañeira Elvira elaborou a presentación que vos amosamos a continuación.

Tamén este xoves contamos coa presenza na biblioteca do alumnado de 3º da ESO para acudir á charla impartida por Quérote+ e que versou sobre sexualidade e afectividade.

25 ene 2022

30 de xaneiro

 O vindeiro domingo, 30 de xaneiro celebrarase o Día da Ilustración, que este ano homenaxea a Reimundo Patiño. Se queres saber máis sobre esta data pincha na imaxe.


Na biblioteca temos a sorte de contar cun exemplar da  súa obra 2 viaxes, feita en 1975 xunto con Xaquín Marín, e que está considerada como o primeiro cómic en galego.








21 ene 2022

CHARLA DIVERSIDADE

 O xoves, 20 de xaneiro acollimos a charla sobre Diversidade sexual e de xénero orientada ao alumnado de 4º da ESO. A actividade foi realizada pola asociación ALAS, a que lle agradecemos dende aquí o seu bon facer. Se estás interesado/a  en obter máis información sobre ela, preme AQUÍ .






19 ene 2022

Entrega de premios

Esta semana fixemos entrega na biblioteca dos premios do certame de deseño de marcapáxinas que se levou a cabo antes do Nadal. Noraboa a Sara e Pepe e grazas a tod@s os que participáchedes, así coma ao ANPA pola súa colaboración un ano máis.

Cando veñades a biblioteca a buscar algún libro poderedes levar un marcapáxinas como agasallo.

Pepe García- 2º Premio

Sara Fontao-1º Premio


14 ene 2022

ANIVERSARIO MOLIÈRE

O sábado,15 de xaneiro, cúmprense 400 anos do nacemento de Molière, cuxas obras sobreviviron ao tempo e convertéronse en clásicos da literatura. Co gallo desta data amosámosvos os materiais que tedes dispoñibles na biblioteca.












 

13 ene 2022

Últimas actividades do trimestre

 A piques de rematar as clases do primeiro trimestre a biblioteca foi o escenario elixido para o desenvolvemento de dúas actividades das que aquí vos damos cumprida conta:


"Falemos de suicidio: Previlo é posible", a cargo da psicóloga Ana Mª Caaveiro, e  dirixida ás familias e persoal educativo

Taller de primeiros auxilios, impartido por Protección civil Ferrol,  no que participou o alumnado do Ciclo Medio de Operacións de Laboratorio e do Ciclo Superior de Química e Saúde ambiental.