Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
22 dic 2022
BO NADAL E PREMIADAS CONCURSO MARCAPÁXINAS
20 dic 2022
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Nestas datas, queremos deixarvos as nosas suxestións de Nadal. Para esta ocasión, escollimos escritores/as ou acontecementos que este ano están de celebración.
Esperamos que vos guste e vos desexamos un bo descanso e moi felices Festas!
PREME NA IMAXE13 dic 2022
CONCURSO DESEÑO MARCAPÁXINAS
25 nov 2022
BOLBORETAS POLO 25N
22 nov 2022
CENTENARIO DE MARÍA CASARES
Este luns 21 de novembro cumpríronse cen anos do nacemento
desta recoñecida actriz galega que triunfou en Francia.
Para revindicar a súa figura dende a biblioteca presentámosvos este cartel:
17 nov 2022
CONCURSO DE DESEÑO DE MARCAPÁXINAS
ENCONTRO CON PEPE BARRO
Este mércores, día 16, contamos coa presenza do creador eumés Pepe Barro, antigo alumno do centro, que mantivo un encontro co alumnado de bacharelato de artes para falar sobre o deseño gráfico. Aínda que a actividade tivo lugar no salón de actos, por mor do aforo, na biblioteca contamos coa súa visita e agasallounos con esta fermosa dedicatoria.
16 nov 2022
CENTENARIO JOSÉ SARAMAGO
Este mércores, día 16, cumpriranse cen anos do nacemento do escritor luso José Saramago. Dende a biblioteca queremos lembrar a súa figura amosándovos esta presentación cos libros que tedes dispoñibles na biblioteca.
15 nov 2022
CHARLA BIOLOXÍA MARIÑA
11 nov 2022
CHARLA SOGAMA
26 oct 2022
FESTEXANDO O SAMAÍN
Á espera das actividades que imos a ter este venres terrorífico, queremos compartir o noso quizz para que disfrutedes co voso alumnado...
Se queredes ler literatura de terror, podémosvos recomendar obras que garantizan arrepíos, sobresaltos e ollos coma pratos...
25 oct 2022
MOCHILAS VIAXEIRAS E SAMAIN
Asemade vos deixamos toda a información das actividades programadas para o Samain e lembrámosvos que tamén podedes visitar, na biblioteca, a mostra que preparamos de lecturas terroríficas en galego.
20 oct 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e para a ocasión elaboramos esta presentación na que se amosan diferentes cadros nos que se representan algunhas bibliotecas. Con isto, queremos que vos percatedes de que as bibliotecas están presentes nas nosas vidas dende hai séculos.
Esperamos que vos guste!
19 oct 2022
VISITA DE SÉCHU SENDE
11 oct 2022
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
27 sept 2022
VISITA Á BIBLIOTECA
15 sept 2022
ANTONIO DE NEBRIJA E JAVIER MARÍAS
O 5 de xullo cumpríronse 500 anos do pasamento de Antonio de Nebrija, aínda que nesta data estabamos a disfrutar das vacacións de verán, dende a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión de darvos a coñecer a súa figura. Por este motivo elaboramos o cartel que aquí vos amosamos.
Tamén queremos informarvos de que na biblioteca temos unha pequena mostra sobre gran escritor e eterno candidato ao Nobel JAVIER MARÍAS, falecido o pasado domingo día 11.
12 sept 2022
XA ESTAMOS DE VOLTA
22 jun 2022
RECOMENDACIÓNS VERÁN
3 jun 2022
Día Mundial do Medio ambiente
O domingo día 5 celebrarase o Día Mundial do Medio ambiente e desde a Biblioteca querémosvos concienciar da importancia que ten o coidado do noso planeta, e, por iso, preparámosvos unha selección de lecturas sobre esta temática.
Tamén vos deixamos este cartel informativo sobre o problema que supón o consumo de plástico, que ameaza con contaminar cada recuncho do noso planeta.
1 jun 2022
Concurso Fotolibro
Sen demorarnos máis, queremos agradecer a tódolos participantes do concurso convocado polo Día do Libro, as fotos enviadas da súa lectura preferida nun espazo aberto. Parabéns para Emma (alumna da ESO) e a profesora María Loureiro, que foron as gañadoras.
A todos/as os/as que participáchedes vos agarda na biblioteca un pequeno agasallo doce.
ACTIVIDADE: A FRANCOFONÍA
Hai uns días, o alumnado de francés de 3º ESO visitou a biblioteca para expoñer os seus traballos sobre a Francofonía, dedicado especialmente a un país francófono ou membro da organización. Ao longo deste mes, amosarémosvos algunhas das presentacións feitas pol@s alumn@s.
19 may 2022
DOMINGO VILLAR
As letras están de loito. Este mércores día 18 faleceu o escritor vigués Domingo Villar, mestre da novela negra e pai literario do inspector Leo Caldas, aínda que seguirá a vivir entre nós a través das súas obras.
11 may 2022
Letras Galegas 2022
Aproxímase o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e para a ocasión a nosa compañeira Elvira Roiz preparou esta magnífica presentación sobre o autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán, que destacou pola súa obra poética e a súa defensa dos valores democráticos en tempos adversos.
Preme na imaxe para velo video.
4 may 2022
Semana do Libro e outras actividades
"Vida en Xapón. Proxecto: Microorganismos e metais pesados", a cargo de Ánxela Ares, investigadora no Okinawa Institute of Science and Technology |
25 abr 2022
23 abr 2022
DÍA DO LIBRO 2022
Un día tan especial coma hoxe non queremos deixar de lembrar que ler activa a imaxinación e mellora o noso pensamento. Así que, de forma especial, animámosvos a buscar ese momento de paz e sumerxirvos na lectura dalgún libro novo ou antigo, deses que xa lemos hai tempo...
Dende a biblioteca, estamos a preparar unhas actividades para esta semana que, pronto, vos daremos a coñecer...
13 abr 2022
Charla sobre o Descubrimento de fármacos
31 mar 2022
PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL
Temos unha excelente nova!
Incorporamos ao noso blog na marxe dereita un acceso á nova plataforma de préstamos dixitais que ofrece a Consellería aos centros integrados no Plambe a tódolos usuarios/as da biblioteca.
Para poder disfrutar dela, podedes recoller o voso usuario e a vosa clave na biblioteca.
Para calquera aclaración, estaremos encantad@s de atendervos...
30 mar 2022
Charla "Lola e o mar"
Rematamos o mes de marzo adicado á muller cunha charla que ademáis conecta coa nosa temática "Lugares e xentes": O alumnado de 4º da ESO tivo un encontro coa investigadora do Instituto Español de Oceanografía Lola Garabana, quen nos falou da súa traxectoria profesional dende as súas viaxes como tripulante en barcos pesqueiros ata a súa labor actual como investigadora.
Dámoslle as grazas por compartir as súas experiencias e por ser un exemplo de empoderamento feminino.
23 mar 2022
Día da Poesía e Aniversario de Miguel Hernández
18 mar 2022
Charla Sistema universitario anglosaxón
O pasado día 7, estivo na nosa biblioteca Kerry McKenitt, xefa de estudos da EOI de Ferrol, para explicar ao alumnado de 2º de bacharelato, que cursa a materia optativa de Reforzo de inglés, o funcionamento do sistema universitario nos países anglosaxóns. Grazas pola súa cercanía cos rapaces/zas e bo rato que nos fixo pasar.
11 mar 2022
"Habelas, hailas" (Lecturas 8M)
8 mar 2022
ENCONTRO CON AURORA MARCO
Para festexar o Día Internacional da Muller, este luns día 7, contamos na nosa biblioteca con Aurora Marco, autora de numerosas publicacións de lingua e literatura, de mulleres e xénero e de memoria histórica. Nesta ocasión mantivo un encontro co alumnado de 4º da ESO para falar do seu libro Irmandiñas, obra na que se dá visibilidade e voz a todas as mulleres vinculadas ás "Irmandades da Fala".
25 feb 2022
Visita Antón Cortizas
Este xoves 24, visitou a nosa bilioteca o escritor ferrolán Antón Cortizas para reunirse co alumnado de 1º da ESO, que está a ler o seu libro Leonel. Ademáis de falar e atender ás preguntas do alumnado sobre esta lectura, ofreceunos unha clase práctica de papiroflexia que foi moi desfrutada por tódolos/as rapaces/as. Dende aquí queremos agradecerlle a súa entrega e esperamos contar con él en novas ocasións.
21 feb 2022
#Desafíogalego, Séchu Sende e O Rabelo
O pasado xoves, 17 de febreiro, púxose en marcha #DesafíoGalego, iniciativa creada como actividade polo EDLG para o Programa Innovative Language in a Bilingual Country, dentro do Proxecto Erasmus KA2. Trátase de visibilizar e proxectar o galego e a cultura de noso en todos os ámbitos sociais (escolar, familiar, virtual...), e para isto contaremos coa participación do alumnado de 1º e 2º de bacharelato que estea concienciado na importancia da lingua propia de Galicia e queira implicarse na súa promoción. Este proxecto prolongarase ó longo dunha semana, finalizando o 23 de febreiro, Día de Rosalía, coa actuación de O Rabelo.
11 feb 2022
SAN VALENTÍN - 14F
9 feb 2022
Científicas no cine
Dende o ano 2015, cada 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia coa finalidade de paliar a invisibilidade do papel das mulleres neste ámbito e fomentar prácticas encamiñadas a acadar a igualdade de xénero no ámbito científico.
Para a ocasión dende a biblioteca presentámosche esta pequena colleita de películas que teñen como protagonistas a mulleres científicas.