21 jun 2021

Recomendacións para o verán

Despois doutro curso atípico, rematamos a nosa andaina desexándovos que teñades un bo e merecido descanso nestas vacacións de verán, nas que esperamos que aproveitedes os vosos días para seguir lendo.

Esperámosvos á volta. FELIZ VERÁN A TODAS E TODOS!!!



14 jun 2021

O IMPACTO HUMANO SOBRE OS ECOSISTEMAS

 Os alumnos e alumnas de 4º de ESO traballaron sobre os ecosistemas e o cambio climático dos que nos fixeron partícipes e vos deixamos a mostra:


ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 Os alumnos e alumnas de 1º de eso elaboraron  diversas presentacións sobre animais  que están en perigo de extinción para concienciar á comunidade da súa necesaria protección. Dende a Biblioteca queremos eespoñer e agradecer o seu gran traballo  en prol do medio ambiente.

Aquí vos deixamos algunha mostra:



9 jun 2021

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 O día 8 de xuño  celebrouse o Día Mundial dos Océanos. Para protexelos e coidar das nosas praias e mares, vos deixamos esta presentación realizada por unha alumna que amosa perfectamente o mal que estamos a facer...


7 jun 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado sábado 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. O noso alumnado realizou diversas fotos da impronta humana na natureza para concienciarnos de que debemos coidar a nosa contorna. Aquí vos deixamos unha mostra. Grazas pola vosa participación!


4 jun 2021

Visita de Antón Cortizas

 Este mércores, día 2, visitou o noso instituto Antón Cortizas Amado para  compartir con nós a súas experiencias como escritor. Reuniuse co alumnado de 1º da ESO, que este curso traballou coa súa obra "Leonel". Foron uns agradables intres de lecer polos que dende aquí lle damos as GRAZAS.