20 may 2021

ACTIVIDADE ESPECIAL MEDIO AMBIENTE

 



Dende a biblioteca estamos a organizar unha actividade para o día do medio ambiente (5 xuño) e o día dos océanos (8 xuño). Queremos concienciar  a tod@s  da necesidade de  protexer a natureza  e as nosas vilas manténdoas limpas da impronta humana. Pedimos a vosa colaboración para visibilizar este grave problema con fotos, montaxes fotográficas ou curtos da basuraleza que detectedes cando paseades polos montes, polas praias ou mesmo pola vila. 
Podedes participar tod@s (profesorado e alumnado) envíandonos as vosas fotografías (ou similar) indicando o voso nome e grupo e o lugar onde realizastedes o voso traballo... ao email da biblioteca. (biblioteca.saturninohermida@gmail.com)
A data límite será o 4 de xuño para poder realiza-la montaxe para esa semana "especial medio ambiente"
Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración e participación.


10 may 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 Para celebrar este día tan especial para as nosas letras, deixámosvos as presentacións  elaboradas pola nosa compañeira e colaboradora Elvira, á que agradecemos o seu magnífico traballo.


4 may 2021

Emilia Pardo Bazán

 O vindeiro mércores día 12 cúmprense 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Autora prolífica escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. Hoxe en día está considerada como unha das precursoras do feminismo en España. 

Neste tríptico que preparamos podedes atopar os libros que temos dispoñibles na biblioteca así como unha serie de recursos para afondar na súa vida e obra.











3 may 2021

ALFABETO POLA SOSTIBILIDADE

 Hoxe presentámosvos os traballos realizados polo alumnado da materia de Deseño do Bacharelato de Artes que versan sobre o coidado do planeta, tema escollido para traballar ao longo do curso desde diferentes áreas curriculares.

Podedes tamén visitar esta estupenda exposición na biblioteca. Agradecemos o gran labor do alumnado e profesorado.