25 feb 2021

Día de Rosalía 2


Aquí vos deixamos os poemas recitados por diferente alumnado do centro con motivo do Día de Rosalía. 
Grazas a tod@s pola vosa participación e á profesora María del Mar pola montaxe dos vídeos.












23 feb 2021

Día de Rosalía

Para o mércores 24 de Febreiro, levaranse a cabo as seguintes  actividades para festexar o día de Rosalía.



22 feb 2021

OBRADOIRO: Coidamos o planeta?

O pasado 12 de febreiro, celebráronsese uns obradoiros simultáneos para 1º e 2º  de ESO sobre diversas temáticas para fomentar no noso alumnado o coidado do planeta. Queremos agradecer a colaboración do departamento de Ciencias coa Biblioteca e darlle a noraboa ao alumnado de 2º de Bach (da materia de CTMA) que participou expoñendo o seu traballo e traballando a educación medioambiental cos máis pequenos.

 

    



10 feb 2021

San Valentín diverso e origami (caixa de corazón)

 O amor trascende as fronteiras marcadas por unha sociedade baseada, moitas veces, na tradición e no amor romántico. Para esta ocasión quixemos reflectir  as diferentes formas de amar que podemos vivir. Aquí vos deixamos a nosa selección


Tamén vos queremos propoñer unha manualidade para facer na casa ou na aula: 

unha caixa corazón con mensaxe para as persoas que queirades.

Aquí vos deixamos o enlace: https://youtu.be/CVYDSMNwlO0

se queredes participar coa biblioteca, seguide as instruccións:









8 feb 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA

 O próximo 11 de febreiro, celebrarase un ano máis o día internacional da muller e nena na ciencia. 

Coa finalidade de visibilizar o papel da muller na ciencia, elaboramos esta pequena representación de mulleres científicas galegas, aínda que hai moitas máis.