14 feb 2020

Homenaxeando a Concepción Arenal

Este xoves día 13, o salón de actos  acolleu un acto para homenaxear a figura da ilustre muller que da nome ao noso centro. Establecéronse dúas quendas, de mañá e tarde, nas que o alumnado de 3º da ESO e Bacharelato de adultos leron 25 frases relacionadas coa súa vida. 
O alumnado de Artes elaborou con moito agarimo as caretas que se luciron durante a lectura. 
O acto celebrouse en colaboración coa Asociación Cultural Conxeito e Ferroluna Teatro. 
Grazas a tod@s por facer posible esta iniciativa que resultou ser moi enriquecedora.



7 feb 2020

Encontro con Ana Alcolea

Esta semana veu visitar o noso centro a escritora zaragozana Ana Alcolea, especializada en literatura infantil e xuvenil e gañadora de varios premios.
Ao acto acudíu o alumnado de 2º da ESO que este curso leu a súa última obra El secreto del colibrí dorado. Tod@s amosaron moita curiosidade polo proceso de elaboración da novela e todo o que rodea o mundo literario. Para rematar moitos quixeron  que lles asinara os seus libros.
Grazas Ana por deixar a túa pegada entre a nosa xuventude!