19 dic 2019

Suxestións de Nadal



Para este tempo de Nadal, querémosvos recomendar algunhas lecturas 
que, de seguro, encherán as vosas horas de lecer. Desde a biblioteca, desexamos a  tod@s 
unhas moi boas festas e un merecido descanso!!!


13 dic 2019

Concurso Marcapáxinas

Xa temos as obras premiadas do Concurso de deseño de marcapáxinas. Noraboa a Nerea Sedes López de 2º Bac. B (1º premio), Xoana Abraira de Bernardo de 2º Bac. A (2º premio) e Noa Grandal Pérez de 1º ESO B (1º premio). Parabéns para todas/os as/os participantes. En breve teremos dispoñibles na biblioteca os calendarios que poderedes levar de agasallo.
A entrega de diplomas e vales-agasallo terá lugar o xoves 19, no segundo recreo, na biblioteca.



  
      1º Premio Bac.                               2º Premio Bac.                            1º Premio ESO

29 nov 2019

Contra a violencia de xénero

Para concienciar ao alumnado  e lembrar as víctimas da violencia de xénero, a biblioteca organizou unha charla levada a cabo pola asociación ALVIXE. Grazas Adriana por axudarnos a abrir os ollos e tomar conciencia desta lacra...















Ademáis, realizamos un acto simbólico, colocando  nas cadeiras da biblioteca un zapato (por cada muller falecida)  feito polo grupo de voluntarios. Durante o recreo, os usuarios da biblioteca foron recollendo os zapatos e deixándoos nun cadaleito para lembrar a cada unha das víctimas.






21 nov 2019

Concurso de marcapáxinas 2019-2020

Como cada ano, volvemos a convocar o concurso de deseño de marcapáxinas 2019-2020. 
Este ano, decidimos dedicalo con especial agarimo á nosa Concepción Arenal que cumpre 200 anos o 31 de xaneiro. Aquí vos deixamos as bases lembrándovos que hai dúas categorías (ESO e BACH) e dous premios por categoría.
Animádevos, sede creativ@s e participade!!! Esperamos con moita ilusión os vosos traballos!



15 nov 2019

Mochilas viaxeiras 2019

Xa temos en marcha as mochilas viaxeiras! Aquí vos deixamos os seus contidos:



As primeiras xa están viaxando hacia novos fogares:


28 oct 2019

Samaín 2019


Para celebrar o Samaín, a  biblioteca ten previstas diversas actividades para o mércores 30, anótaas e participa...
  • Esperámosvos para que, no panel habilitado na biblioteca, nos recomendedes a vosa personaxe de terror favorita de películas ou libros. Elaboraremos un listado coas vosas recomendacións que será publicado no noso blog, nos vindeiros días.
  • Truco ou trato : Se levades un libro,  recibiredes unha larpeirada

  • O vampiro Vladimiro esperavos para un photocall especial Samaín para os máis atrevidos e no segundo recreo, poderedes participar no obradoiro " crea o teu propio photobooth".
  • E coma sempre, teremos a nosa exposición especial "seres máxicos" na entrada da biblioteca para dar a  coñecer os materiais que temos e para que poidas gozar deles.

22 oct 2019

Día das bibliotecas

O vindeiro xoves celébrase o Día das Bibliotecas. Para esta ocasión tan sinalada fixemos unha selección de lecturas relacionadas con  distintas efemérides deste ano 2019, como o cincuenta aniversario da chegada do home á lúa, o quinto centenario da morte do gran Leonardo da Vinci e outras igualmente interesantes. 


20 sept 2019

Ola a todas e todos!
Dámosvos a benvida a este novo curso desexándovos un bo comenzo.
Esperamos poder realizar moitas actividades que sexan do voso interese e contar coa vosa participación.
Aquí vos esperamos coma sempre tanto aos antigos usuarios coma aos novos. Co gallo de dar a coñecer a biblioteca aos novos alumnos, nos próximos días realizaremos  visitas guiadas das que vos informamos a continuación.


20 jun 2019

Lecturas de verán e despedida

Remata un novo curso e vos deixamos coma sempre unhas recomendacións de lectura para  estos meses de verán. Descansade e disfrutade das horas diurnas e nocturnas que vos agardan. Aquí vos esperaremos á volta... Feliz verán!!!


13 jun 2019

PALABRAS INTERVIDAS

Queremos amosarvos estos estupendos traballos tipográficos do alumnado de 2º de bacharelato na materia de Deseño: son palabras intervidas, interpretacións tomando como base da creación artística os nomes de mamíferos da fauna galega.

30 may 2019

Exposición "Insectos invasores e migratorios"

A nosa compañeira de debuxo, Marta Pérez-Louzao, de xeito moi xeneroso cedeunos estas magníficas ilustracións onde podedes observar con todo luxo de detalles estos insectos nocivos pero fascinantes. Invitámosvos a visitar a biblioteca para contemplalos.

3 may 2019

Letras galegas 2019

Para homenaxear a Antón Fraguas, o mestre galeguista que traballou todos os eidos da nosa cultura, desde a etnografía hasta a lingüística, pasando pola arte, a xeografía, a literatura e a historia, queremos compartir con vós este video.

23 abr 2019

Semana do libro

Ola a tod@s,
Despois dun breve descanso, voltamos con forza celebrando o Día do Libro. Nesta semana tan especial para nós están programadas varias actuacións da biblioteca:
- Lembra que seguimos coa iniciativa do "Libro Solidario" que poderás entregarnos  durante esta semana (do 23 ao 26 de abril).
-O mércores 24 terá lugar na biblioteca unha presentación sobre a poetisa Alda Merini a cargo do profesor da EOI Marco delle Monache.
- Tamén podedes participar no Foto-Collage  2019.  Aquí vos deixamos máis información:



Día do Libro

Co gallo desta data fixemos unha selección de materiais nos que os protagonistas son os animais e que están a vosa disposición na biblioteca.



8 abr 2019

Libros solidarios

Pensando xa no día do libro, organizamos unha recollida de libros de lectura que podes deixar na biblioteca ata o día 23 de abril. 
Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario...
Se queres saber máis, aquí deixámoste máis información

21 mar 2019

Día da poesía

Co gallo do día da poesía desde a biblioteca preparamos esta "constelación poética" cunha selección de poemas nos que os protagonistas son os animais. 


Se queredes descargar o documento empregade o seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1LUj_q1bdS81qd0dv3ullmV_abU9QrycV

19 mar 2019

15 M - Protestas mundiais contra o cambio climático

A nosa biblioteca faise eco das diversas protestas levadas a cabo en todo o mundo este venres 15 de marzo contra o cambio climático. Neste curso, eliximos precisamente a temática do mundo animal para resaltar a súa importancia e a necesidade de ser protexido polo ser humano. Por isto e moito máis, nos unimos á voz mundial contra o cambio climático que perxudica ao ser humano e tamén a tódolos seres vivos do noso planeta.
Recomendamos vivamente este exemplar do que dispoñemos na biblioteca:

11 mar 2019

Entroido 2019

Este curso tivemos un Entroido moi animado con moita participación de alumnado e profesorado.Este último co gallo da celebración dos 150 anos da Táboa Periódica atopou inspiración para os seus disfraces.

22 feb 2019

Día de Rosalía

O vindeiro domingo 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e con este motivo este venres 22 leváronse a cabo varias actividades, como lectura de poesias en todas as aulas e  na biblioteca participamos  coa iniciativa  que chamamos "Un libro, un caravel" en colaboración con o EDLG e que resultou todo un acerto. Proxectouse tamén o III acto de "No devalar dos tristes".
 Grazas a tod@s pola vosa participación; sen dúbida a repetiremos en máis ocasións.

15 feb 2019

Semana de actividades


Ao longo desta semana a biblioteca foi escenario dunha chea de actividades das que vos deixamos, a continuación, un breve resumo.
Mostra do 18º Poesía e imaxe
Visita do CPI Atios de Valdoviño e Colexio Jesús Maestro
Charla de ASPANEPS para 1º da ESO

             
               Obradoiro de origami polo San Valentín



1 feb 2019

Día da Paz



O pasado mércoles 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non violencia e da Paz e para festexalo, na biblioteca, levouse a cabo a lectura teatralizada do "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro por parte do grupo de teatro do instituto. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e as grazas pola súa actuación.





21 ene 2019

II Certame de cómic contra a violencia de xénero

Presentámosvos os cómics elaborados polo alumnado co gallo do día contra a violencia de xénero.
Noraboa aos gañadores e a todos os participantes pola creatividade amosada.

14 ene 2019

Concurso repostería

O último día antes das vacacións de Nadal celebramos a terceira edición do concurso internacional de repostería, todo un éxito de participación e asistencia.
Agradecemos aos membros do xurado a súa dedicación e felicitamos a todos os premiados.

11 ene 2019

Concurso marcapáxinas "Poéticas diversas na biblioteca escolar"

Benvidos, esperamos que gozárades das vacacións de Nadal!Retomamos o traballo amosándovos as artísticas creacións do noso alumnado sobre o tema escollido polas Bibliotecas escolares: "Poéticas diversas"
As musas inspiraron todas estas fantásticas obras.