21 dic 2018

Recomendacións e actividades de Nadal

Despedimos o ano entregando os premios dos certames de cómic contra a violencia de xénero e deseño de marcapáxinas, como podedes ver nas fotos que aquí tendes. Lembrade que os traballos están expostos na biblioteca e á volta das vacacións prepararemos unha presentación con todos eles.

Premiadas no certame de deseño de marcapáxinas


Premiados no certame de cómic


Aproveitamos tamén a ocasión para deixarvos as nosas recomendacións de lectura para o nadal e desexarvos unhas moi Felices Festas!!!






12 dic 2018

Obradoiro de Amnistía Internacional e Premiados do Concurso marcapáxinas

Co gallo da celebración do 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, onte contamos coa presencia de dúas activistas de Amnistía Internacional que realizaron un obradoiro sobre as emocións e o respeto dos dereitos humanos co alumnado de 3º ESO. Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade, que resultou de gran interese para tod@s.

 


Aproveitamos a ocasión, para dar a coñecer ás gañadoras do concurso de marcapáxinas 2018.
Parabéns ás premiadas e agradecemos a participación do alumnado.
Lembrade que o próximo xoves, 20 de decembro, no segundo recreo terá  lugar a entrega de diplomas e premios na biblioteca.


                         



3 dic 2018

Conto de Samaín 2018


Queremos darvos as grazas a tod@s pola vosa colaboración para a elaboración deste conto de Samaín 2018. Coas vosas frases logramos compoñer esta pequena historia onde recoñeceredes algunhas das vosas aportacións apocalípticas...


28 nov 2018

25 N: Romeo e Xulieta

O alumnado de Artes Escénicas, coa axuda da súa profesora Belén Roca, elaborou o guión e representou unha pequena obra sobre o tema da violencia de xénero que podedes ver a continuación. Parabéns e grazas a tod@s os que fixeron posible que hoxe poidamos gozar desta peza.





23 nov 2018

Día contra a violencia de xénero

Con motivo desta data, durante a próxima semana no vestíbulo estará colocado un panel no que poderedes deixar as vosas mensaxes de rexeitamento. Non esquezades poñer o voso nome porque as mensaxes "máis curativas" recibirán un pequeno agasallo. PARTICIPADE!!!

16 nov 2018

Novembro, mes da ciencia en galego

Xa que este curso estamos a traballar o tema do mundo animal, aproveitamos que novembro é o mes da ciencia en galego para deixarvos este cartel cunha selección de libros nos que atoparás información e fermosas ilustracións sobre distintos tipos de animais.



Aproveitamos tamén a ocasión para invitarvos a participar un ano máis no Concurso de ilustración do marcapáxinas-calendario, do que podedes consultar as bases aquí.

PARTICIPADE!!!O GAÑADOR VERÁ A SÚA OBRA PUBLICADA!SORTE!


9 nov 2018

II Certame cómic contra a violencia de xénero

Un ano máis queremos convidarvos a participar nun novo certame de cómic contra a violencia de xénero, que como xa saberedes ten lugar o día 25 de novembro. Deixámosvos aquí o cartel coas bases de dito concurso. Se vos xurde calquera dúbida preguntade na biblioteca. ANIMÁDEVOS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO !


31 oct 2018

Samaín 2018

Neste samaín, os axudantes participaron na decoración da biblioteca así como algún profesor. Aquí tedes algunha mostra do traballo que quedou chulísimo. Moitas grazas a tod@s.

Ademáis queremos agradecer a colaboración do alumnado e profesorado na confección de predicións aterradoras para  a nosa historia de terror que esperamos publicar nun "futuro non moi lexano".

22 oct 2018

Día das Bibliotecas Escolares

O mércores 24 celébrase o Día das bibliotecas escolares e con este motivo preparamos esta presentación cunha selección de escenas rodadas en distintas bibliotecas ou nas que as bibliotecas xogan un papel relevante. 



Tamén preparamos unha serie de lecturas sobre triloxías que titulamos De tres en 3 e que vos recomendamos porque como amantes das bibliotecas gústavos moito ler e así triplicamos o voso gozo.


17 oct 2018

Visita de Manuel Núñez Singala



Onte tivemos a fortuna de recibir na nosa biblioteca a Manuel Núñez Singala, que veu ao centro a dar unha conferencia chamada "A lingua galega, unha oportunidade", á que asistiu con moito agrado o alumnado de segundo de bacharelato.

8 oct 2018



Convocatoria de mochilas viaxeiras:



Lembra que todavía te podes apuntar para acceder ás nosas  mochilas viaxeiras. 
Non o dubides! Esta viaxe levarate moi lonxe, nun mundo cheo de historias e fantasía que, de seguro, te vai encantar...
Esperámoste na biblioteca! 

Para saber máis:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Diptico_mochilas_viaxeiras.pdf


3 oct 2018

Convocatoria Club de lectura e Axudantes de biblioteca

Desde a biblioteca quedades invitad@s a participar nas actividades das que vos podedes informar nos carteis que aquí vos deixamos. ANIMÁDEVOS!!!


21 sept 2018

Retomamos a nosa tarefa desexándovos un bó comezo de curso. Imos continuar ofrecéndovos  distintas actividades nas que esperamos que vos animedes a participar e das que daremos cumprida conta deste este blog. Damos a benvida a todo o novo alumnado e profesorado invitándovos a coñecer a nosa biblioteca, a facervos socios e a gozar das lecturas.

21 jun 2018

Lecturas de verán


Seica o verán virá caloroso este ano...aproveitádeo, e na praia, na piscina, no campo e na terraza, onde sexa que  vaiades, sempre presta un ratiño de lectura. Felices vacacións!

13 jun 2018

Actividades de fin de curso

Coa voráxine de fin de curso na que estamos tod@s, non tivemos tempo ata agora para reflectir as actividades levadas a cabo nos últimos tempos. Así que van agora todas de vez. Por orde de aparición: Presentación sobre o Canto V da Comedia de Dante. Agradecemos a Marco e a E.O.I. poder ter gozado desta iniciativa. III Encontros dos Clubs de lectura dos I.E.S Sofía Casanova e Concepción Arenal. Grazas a Pilar, Eva, Rosa e todo o alumnado participante polas súas entusiastas lecturas. Entrega de premios do V Campionato do xadrez. Parabéns a tod@s @s participantes en especial @s gañador@s. Moitas grazas tamén a ANPA

22 may 2018

Exposición Poesía e Imaxe

Xa temos na biblioteca a exposición do 17º Certame Poesía e Imaxe, en galego sen filtro, entre cuxas obras hai algunhas feitas por alumnado do noso centro. Animádevos a visitala!!!

24 abr 2018

Letras galegas 2018

E por maio era por maio cando chegan as Letras Galegas, pero adiantámonos un cachiño para darvos a coñecer a figura da que é a cuarta muller na que recae esta honra.
E como o imos facer? Mediante unha das marabillosas presentacións da nosa colaboradora Elvira Roiz.
Letras 2018
View more presentations or Upload your own.

11 abr 2018

23 de Abril, Día do Libro

Aproxímase o Día do Libro, e para esta ocasión preparamos unha serie de lecturas con diferentes temáticas que non te deixarán indiferente e che darán que pensar. 
Lembrade, tamén,  que dentro das actividades da Semana da Ciencia que se están a levar no centro, na biblioteca temos expostas as Pirámides saudables feitas polo alumnado de 1º e 2º da ESO e unha serie de xogos e entretementos que vos farán darlle ao maxín.


21 mar 2018

Aires de primavera

Xa está aquí a primavera, e con este motivo dende a biblioteca fixemos unha pequena colleita de lecturas que teñen presente no seu título algunha flor.
Pasa pola biblioteca e leva algún libro para estas vacacións que están a piques de comezar.


7 mar 2018

Día da muller II: O oito de marzo

E para completar a entrada anterior, unha presentación de powerpoint, feita pola nosa amiga e colaboradora Elvira Roiz, na que poderedes atopar cando e como xurdiu a celebración deste día e distintos acontecementos que marcaron unha inflexión na historia das mulleres, así como nomes e feitos, pouco coñecidos en xeral, das pioneiras en loitar polos dereitos das mulleres.

View more presentations or Upload your own.

2 mar 2018

Día da muller: Mulleres con historia

O vindeiro xoves 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, e con este motivo preparamos unha presentación con películas, que podedes atopar na biblioteca, protagonizadas por mulleres que merece a pena coñecer: raíñas, científicas, artistas, políticas...Profesionais algunhas e loitadoras todas, comprometidas coa difícil tarefa de mellorar  a condición feminina.

21 feb 2018

Entroido 2018

 Recuperamos a tradicional representación e concurso   de comparsas e disfraces, gozando así dun animado entroido.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra das mascaradas.
ENTROIDO 2018
View more presentations or Upload your own.

16 feb 2018

Charla sobre Ángeles Alvariño

O pasado día 11 de febreiro conmemorouse o Día da Muller e a nena na Ciencia. Con este motivo, na biblioteca tivo lugar unha charla que levou por título: "Unha muller científica: Ángeles Alvariño". Charla a cargo de Mª José Leira, ex-profesora do centro e sobriña da devandita científica.

2 feb 2018

Lecturas para o Entroido

Aproxímase o Entroido, tempo de enchentes e troula, pero tamén, por que non, de lectura. Así que para esta data elaboramos un tríptico ao que chamamos Literatura con sabor, con recomendacións lectoras de tema culinario. Esperamos que sexa do voso interese.




24 ene 2018

Día escolar da Paz e a non violencia.

O próximo martes, día 30, celébrase o Día escolar da Paz e a non violencia. Para participar dende a biblioteca elaboramos o cartel, que vos amosamos deseguido, rexeitando o acoso escolar e calquer tipo de violencia. Esperamos que vos guste.


LEMBRADE:  Podedes participar vós tamén deste día escribindo a vosa mensaxe a prol da Paz no muro que estará colocado no vestíbulo do centro.

16 ene 2018

II CONCURSO INTERNACIONAL DE SOBREMESAS

O segundo concurso internacional de sobremesas foi todo un éxito de participación, e tivemos ocasión de coñecer moitas curiosidades sobre os doces presentados no idioma de orixe, e para quen non o entendera,  facíase a continuación un pequeno resumo. Parabéns aos gañadores e grazas ao xurado e a todos os que presentaron as sobremesas das que despois dimos boa conta, non quedou nen unha frangulla!

10 ene 2018

Volvemos!

¡Xa estamos de volta! Empezamos este novo trimestre convidándovos a pasar pola biblioteca e ver unha pequena mostra  sobre O antigo Exipto.
Para a ocasión fixemos un tríptico  cunha selección de materiais que esperamos sexa do voso interese.