Fantástico!, é o resultado desta primeira celebración que fixemos este ano do día do número Pi.
Os alumnos de Matemáticas de 1º ESO e Bacharelato, presentaron a concurso tartas e sobremesas elaborados por eles, baixo o lema do "número Pi".
Asemade, os alumnos de 1º Bacharelato, fixeron unha pequena representación para explicar a todos os presentes o significado deste número tan coñecido.
Esperamos repetilo o ano que vén! Grazas ao departamento de Matemáticas e ao seu alumnado polo traballo!
|
A Biblioteca non podía estar máis chea! |
|
Todas as sobremesas que participaron |
|
Os premiados do concurso.
|
|
Os alumnos de 1º BAC trala súa explicación do número Pi. |