28 oct 2016

"RELATOS ARREPIANTES" NO SAMAÍN

Para festexar esta festividade, os alumnos de 1º Eso A e C, baixaron á biblioteca a deleitarnos con varios relatos arrepiantes... entre outros, fragmentos de:

  •  "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas; 
  • "O caso do estraño empregado", de Agustín Fernández Paz; e
  •  "En mármol y a tamaño natura", de Edith Nesbit

Proxectouse ademáis unha curtametraxe, " La dama y la muerte".

Deixámosvos algunhas das fotos deste día.

Bo Samaín!!!




21 oct 2016

24 de outubro. Día das bibliotecas.

Como tódolos anos, para festexar este día, facemos unha recomendación dende a nosa biblioteca.
Nesta ocasión, os libros que vos propoñemos tratan sobre o mundo do libro, así que, botade unha ollada e vide á biblioteca a por eles!

Asemade, o día 24, poderedes visualizar no vestíbulo do instituto unha presentación que titulamos  "Bibliotecari@s de cine"!