29 ene 2016

Día escolar da paz e da non violencia

O 30 de xaneiro de 1948 morría asasinado a tiros o  líder espiritual da India Mahatma Gandhi .

Gandhi foi o  impulsor da resistencia pacifista e da loita non violenta. Tras 20 anos de enfrontamento ao réxime do apartheid ao que estaban sometidos negros e indios en Sudáfrica, trasladouse á  India para esixir a independencia do seu país -nese intre, colonia de Gran Bretaña-.

O seu espírito de loita e o seu alto concepto de xustiza fixeron de Gandhi o símbolo universal da paz e a non-violencia.

En 1964 declárase por primeira vez este día, e foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia en 1976.

Dende a Biblioteca queremos lembrarvos a todos a importancia desta data e da súa mensaxe nas escolas: "'Amor universal, Non-violencia e Paz. Porque o Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a  violencia e a Paz é mellor que a guerra'.

22 ene 2016

II CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

Dende a biblioteca queremos felicitar ás alumnas do noso centro gañadoras de varios dos premios deste certame literario.

Modalidade microrrelatos

Categoría C, 2º ciclo da ESO

Primeiro  premio- "A derradeira viaxe", de Lidia González Teijido

Modalidade micropoesía

Categoría D, Bacharelato e ciclos formativos

Accésit-  "O rei das galiñas", de Noa Castro Lema

Modalidade microteatro

Categoría D, Bacharelato e ciclos formativos

Accésit-  " O outro que fala", de Lara Castro Lema.

PARABÉNS ÁS TRES!