Dende a Biblioteca queremos compartir con vós libros, películas e enlaces de interese relacionados coa violencia de xénero. Aquí tedes o tríptico coa información.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
24 nov 2015
20 nov 2015
SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Desde a biblioteca queremos contribuir a loitar contra ese tremendo problema que é o maltrato.
Así que temos previstas as seguintes actividades para a vindeira semana:
Un recital poético o día 25, onde alumnos lerán poemas e pequenos fragmentos, a maioría de autoria propia, e cuio programa podedes consultar no cartel que ilustra esta entrada.
Charlas que terán lugar o luns e o venres para o alumno de 4º da ESO a cargo da ONG "Acción familiar".
E no club de lectura estamos a ler e comentar o libro de Pasqual Alapont"O inferno de Marta"

13 nov 2015
12 nov 2015
PRESENTACIÓN DO LIBRO "LOS POEMAS QUE NO PUEDES DEJAR DE CONOCER"
O pasado 29 de outubro visitounos o exprofesor do centro José Antonio Ponte Far, que veu presentar o seu libro "Poemas que no puedes dejar de conocer" , unha selección do autor de poemas en lingua castelán e galega de entre as máis fermosas, algunhas moi coñecidas, outras menos, pero que merecen selo.
A edición recolle 101 poemas cunha pequena introducción a cada un deles, e está ilustrada con debuxos de Perico Castro.
A edición recolle 101 poemas cunha pequena introducción a cada un deles, e está ilustrada con debuxos de Perico Castro.
Nun salón de actos cheo con todos os alumnos de primeiro de bacharelato, Pepe Ponte agasallóunos cunha charla sobre o valor da poesía, animando sempre as novas xeracións a sentila, a facela sua, a atopar esa poesía na que recoñecerse.
A charla foi acompañada dun recital no que leron composicións elexidas por elas as alumnas Marta, Inés, Bárbara, dúas Andreas e Alexandra. "Palabras para Julia" "O cravo" e "Romance de la casada infiel" foron algúns dos títulos escollidos.
Un momento do recital poético |
6 nov 2015
VIAXES E EXPEDICIÓNS: ¡A RÉPLICA DA NAO "VICTORIA" CHEGOU A FERROL!
Co gallo da temática deste ano da Biblioteca do noso centro, "Viaxes e expedicións", animamos a tod@s a visitar a réplica da nao "Victoria", o primeiro buque que deu a volta ó mundo, que estará no porto de Ferrol esta fin de semana.
Fotografía do Diario de Ferrol |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)