27 nov 2014

Un novo capítulo do noso club de lectura


Un grupo de alumnos de 4ºESO e Bacharelato participou nunha nova sesión do club de lectura "Ler a todo filispín". Sesión que presentaba nesta ocasión Marian Calvo, responsable desta actividade, quen fixo unha selección de narrativa breve de Cortázar, Quiroga, García Márquez e Murakami.

Estes contos retratan, entre outros aspectos, algúns dos trazos máis estranos da natureza, tinguidos de enfermidade, sufrimentos e arrepíos para os seres humanos. A tolemia e o amor mistúranse coa morte como destino que libera da tensión asfixiante que vai medrando ao longo dalgús destes relatos.


A participación dos alumnos foi moi activa, con comentarios e conversas moi interesantes sobre os diversos temas que xurdiron a partir da lectura.

18 nov 2014

Cancións para unha data.



 O próximo 25 de Novembro é o Día Internacional contra á Violencia de Xénero. A biblioteca invita a que traballedes este ano este tema dende a música. Para iso, aquí vos deixamos un listado de cancións que podedes atopar en Youtube.
 
   
"Salir corriendo"- Amaral
"Ángel de amor"- Maná
"Manos al aire"-Nelly Furtado                                                                                                
"Que nadie"- Manuel Carrasco y Malú
"Y en tu ventana"- Andy y Lucas
"Caperucita"- Ismael Serrano
"Lo que Ana ve"- Revólver
"María se bebe las calles"- Pasión Vega
"El club de las mujeres muertas"- Víctor Manuel
"Hoy por mi"- Efecto Mariposa
"Verbo sufrir"- El Barrio
"Mirando pa'ti"- El Arrebato
"Se acabaron las lágrimas"- Huecco
"Hasta que la muerte nos separe"- Melendi
"Pobre Sara"- Los Suaves
"Malo"- Bebe
"Nanai"- Mala Rodríguez
"La bella y la bestia"- Porta
"¡Ay!, Dolores"- Reincidentes
"Ellas denunciaron"- Def con Dos
"Violencia machista"- Ska-p
"El final del cuento de hadas"- El Chojin con Lidia Rodríguez
"Behind the wall"- Tracey Chapman
"Luca"- Suzanne Vega
Con esta escolma tentamos recompilar distintos estilos para que podades escoller.
Esperemos sexa do voso agrado.

12 nov 2014

Visita á Biblioteca Municipal



Fixéronse tres saídas cos distintos grupos de alumnos de 2ºESO á Biblioteca Municipal, onde as bibliotecarias explicaron a súa historia, as actividades culturais, o club de lectura


 e os servizos de préstamo e reprografía. Tamén nos amosaron os distintos espazos da mesma: a área infantil, a hemeroteca, a sala de exposicións, a sala audiovisual e o arquivo.


Finalmente as visitas resultaron moi interesantes para os participantes e dende aquí queremos agradecer o esforzo e boa atención do persoal da Biblioteca Municipal. ¡Moitas grazas!


4 nov 2014

NOVO FORO!!!




La barandilla

Se a lectura ou a escritura son materias do teu agrado, non deixes de visitar o enlace que vos indicamos nesta entrada. Este ano contamos con esta nova iniciativa da man da nosa compañeira Luz, profesora de Lengua y Literatura.

Neste foro os participantes comparten as suas valoracións, opinións e comentarios dos libros máis variados.

Anímate a participar!!!


http://labarandilla.foroactivo.com