Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
20 may 2014
Unha actividade máis a realizar polas Letras Galegas. Elaboración dun marcapáxinas
As bases do concurso están expostas na entrada da biblioteca e nos taboeiros de anuncios.
¡ANÍMATE E PARTICIPA!
Como inspiración ou para ilustrar os marcapáxinas, propoñémosvos esta pequena escolma de frases escollidas polo profesor Manuel Rei:
1. O exemplo de Aquilino Iglesia Alvariño foi o que máis influíu na elección da lingua galega para escribir poesía, o que me determinou a escribir e publicar en galego.
2. ¡Galiza em min, meu Deus pan/ que me deron,/leite e centeo e soño de lus de/ aurora!
3. A min non me puderon anular, nin como escritor em verso.
4. Eu non me alonxei nunca de Galiza espiritualmente. Sempre estivo comigo.
5. Esta aspiración nace de considerar a poesía, a visión e a expresión poética do mundo como unha das máis outas e fermosas tarefas da creación humana.
6. Um paso adiante e outro atrás,/ Galiza/ e a tea dos teus sonos non se move.
Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo, 1914 - Lugo, 1990) foi un tradutor e escritor español en lingua galega.
Ingresou no ano 1929 no Seminario de Mondoñedo, aínda que non se ordenou, e foi profesor en Madrid, onde se trasladou no ano 1948. Debido aos seus coñecementos de catorce idiomas traballou como tradutor no Instituto de Estudos Hispánicos e no Ministerio de Interior. Foi autor dunha única obra, o poemario Nimbos (1961), que influíu nos poetas en lingua galega posteriores, pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.
Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración de 1936 ao lado de poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Igrexa Alvariño.
Nun dos seus poemas máis coñecidos, «Penélope», reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, non desprezando, non obstante, a esperanza para a súa terra.
O 21 de xuño de 2013 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2014
8 may 2014
Díaz Castro, Letras Galegas 2014
Achégase o Día da Letras Galegas e desde o IES
“Concepción Arenal” cumprimos relixiosamente, unha vez máis, co compromiso de
honrar a figura do homenaxeado. Na presentación que vén a seguir poderás
achegarte á vida e á obra do poeta
guitiricense Xosé María Díaz Castro (1914-1990).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)