29 sept 2013

CINE E LITERATURA



Este curso a biblioteca do noso Centro levará a cabo una exposición de libros e filmes de todos os tempos que foron levados a gran pantalla.
 
Pretendemos achegar a comunidade escolar tanto a Literatura como o cine, que  son dúas artes que moitas veces camiñan xuntas.
Aquí tedes un enlace para traballar o cine nas aulas:

23 sept 2013

Celebramos hoxe o 40 aniversario da morte de Pablo Neruda



Premio Nobel de Literatura 1971, a súa  obra é lida e recitada non só no seu Chile natal e en América Latina, senón en moitísimos lugares de todos os continentes.
Gabriel García Márquez dixo del que foi "o mellor poeta do  século XX en calquera idioma".
A biblioteca os invita a coñecer máis sobre a súa persoa e a súa obra.
Podedes consultar nestas páxinas:
 http://www.neruda.uchile.cl/
http://www.pablonerudapoemas.com/
http://cvc.cervantes.es/actcult/neruda/


18 sept 2013

Comezamos!!!


Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso.

Dende a biblioteca tan só queremos darvos unha gran aperta cargada de boas lecturas, películas, videoxogos, música, revistas e xornais para que este curso  ampliedes os vosos coñecementos. 
  
 Recordar que a  nosa biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, da que tamén naís, país, titores, profesores e persoal non docente forman parte. Agardámosvos!