
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
31 mar 2011
Purga: historia de Estonia

Banda sonora X
11 mar 2011
EXPONEGRO
Non sen certa mágoa desmontamos a exposición sobre xénero negro que nos acompañou desde novembro ata agora,e xa estamos a preparar a seguinte, que vos adianto será sobre o tema de inventos e descubrementos.
Pero aínda que os libros e pelis volveron ao seu posto nos andeis da biblioteca, as súas intrigas e aventuras continúan a chamar por todos vós, lectores aficionados.
Recomendámosvos especialmente, se non os coñecedes, toda a serie do comisario Salvo Montalbano (que ten este nome porque o autor, o estupendo Andrea Camilleri, quixo facer homenaxe a Vázquez Montalbán, creador doutro detective clásico, Carvalho ) e tamén, sen movernos de Italia, pero cambiando o escenario do sur ao norte, de Sicilia a Venecia, as apaixoantes novelas protagonizadas por Brunetti, obra de Donna León.
E unha suxestión en cómic: a exitosa e multipremiada colección Blacksad, protagonizada por animais con forma e características humanas e ambientada nos Estados Unidos dos anos 50.
10 mar 2011
O pracer de ler
Esta recreación do París dos anos 60 aos ollos dun adolescente reborda frescura e emotividade, e compón un mosaico no que teñen cabida as relacións familiares, a chegada dos exilados dos países do leste, a guerra de Alxer e o regreso dos "pieds noir" ou o encontro do primeiro amor. Todo iso é narrado con sobriedade, nun estilo sinxelo que quizais oculta as profundas reflexións que nos propón. Tal vez o lector (como no meu caso) véxase reflec

El club de los optimistas incorregibles é unha gran novela coral (non soamente polas súas 650 páxinas) capaz de reunir o aplauso da crítica (Premio Goncourt des Lycéens 2009 e Premio Notre Temps 2010) e o éxito do público con máis de 200.000 exemplares vendidos en Francia. Cos ollos dese adolescente que descobre o mundo que lle rodea Guenassia vainos describindo a tensión política francesa que máis tarde dará lugar ao Maio do 68 e o desarraigamento e frustacións daqueles homes que se definen a se mesmos como "optimistas incorrixibles" a pesar de ter que abandonar a súa familia, amores, ideais e principios na súa fuxida do comunismo soviético e posterior exilio. Con todos estes ingredientes o autor consegue compor unha novela deliciosa, capaz de transmitir emocións persoais, socio-políticas e históricas cunha narración sinxela e apracible; pero, ao tempo, apaixoante e intrigante. E aínda que o seu emotivo final descúbranos quizais o abandono dese optimismo que aínda era alimentado por numerosos idealistas, déixanos co convencemento de que no futuro debemos ter en conta a este novel escritor de 60 anos!
(GUENASSIA, Jean Michel, El club de los optimistas incorregibles, RBA Libros Narrativa, 2010)