29 nov 2020

CONCURSO DE DESEÑO DE MARCAPÁXINAS

Como cada curso, convocamos con moita ilusión o concurso de deseño de marcapáxinas, 

desexando que sexades moitos os participantes. 

O tema elixido para este curso é COIDAMOS O PLANETA? 

 Aquí vos deixamos as bases do concurso. Lédeas atentamente e deixade fluír a vosa arte...




26 nov 2020

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

 Para lembrar as 41 mulleres víctimas da violencia de xénero, 

realizamos un acto simbólico con flores na súa memoria 

coa axuda dos nosos axudantes e alumnado do centro.


Co gallo de concienciar e axudar a eliminar esta lacra social, 

elaboramos un tríptico con recursos e apps de gran interese.





23 nov 2020

Novembro: mes da ciencia en galego


 De novo, este curso celebramos o mes da ciencia en galego, 

elaborando o tríptico que vos deixamos a continuación  cunha recopilación de 

fondos que temos á vosa disposición na vosa biblioteca.






6 nov 2020

Homenaxe a Carvalho Calero

 

O equipo de dinamización linguística xunto coa biblioteca organizou unha homenaxe ao noso gran escritor da terra, Carbalho Calero. 

Podedes ver a continuación a presentación "os carballos na nosa poesía"
 que serviu de escenario de fondo para a lectura de poesías sobre carballos realizadas 
por alumnado do centro.


2 nov 2020

Actividades de Samaín

 Para este Samaín tan atípico, o alumnado de artes escénicas realizou unha actuación terrorífica chea de desaparicións e misterios que culminou cunha procesión de ánimas que tomou como punto de partida a biblioteca.

Grazas pola vosa interpretación e colaboración!