Biblioteca "Saturnino Hermida"
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
10 nov 2026
CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIO
27 oct 2026
ACTIVIDADES DO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para festexar o Día das bibliotecas leváronse a cabo as seguintes iniciativas:
* Primeira entrega das mochilas viaxeiras que colleron rumbo aos fogares máis lectores.
* Concesión de diplomas aos voluntari@s do curso pasado, tarefa que tiñamos pendente por facer.
* "Adopta un libro": preparación dunha mesa no vestíbulo do centro con libros descatalogados e donados para levar de agasallo.
*Xornada de portas abertas para as familias e visita á biblioteca para o profesorado do centro.
19 oct 2026
19 OUTUBRO. DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns máis próximo ao 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Santa Teresa de Jesús.
Nesta ocasión ríndeselle homenaxe ao Lyceum Club Feminino, (1926-1939) a primeira organización cultural e laica, creada por e para as mulleres, que loitou pola igualdade social e xurídica do seu xénero.
9 oct 2026
10 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
O día 10 de outubro celebramos o Día da Saúde Mental.
Este ano, dende a Biblioteca, eliximos traballar o benestar emocional e a relaxación nos momentos de estrés. Para a ocasión , creamos este cartel que indica algúns recursos para atopar a calma.
"A calma é o teu verdadeiro poder"
30 sept 2026
VISITA DE 1º ESO
A semana pasada, recibimos a visita dos tres grupos de 1º ESO que descubriron a Biblioteca, a súa historia e funcionamento e recibiron información das diferentes actividades que realizamos durante todo o curso. Dámoslles a benvida aos novos usuarixs desexando que participen nas nosas actuacións.
18 sept 2026
VISITA DOS GRUPOS DE 1ESO:
BUSCAMOS VOLUNTARIOS/AS
Como cada curso, buscamos colaboradores da Biblioteca en tarefas de organización, colocación, participación de elaboración de material... Se che interesa, anótate na Biblioteca.
Esperámoste!
15 sept 2026
BENVID@S AO NOVO CURSO 2026/27
15 jun 2026
LECTURAS PARA O VERÁN
Que teñades un feliz descanso e unhas fantásticas lecturas baixo a luz do sol e a brisa mariña!
2 jun 2026
DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Este venres, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medioambiente, unha conmemoración que brinda a ocasión para que toda a sociedade, tanto de xeito individual como colectivo, adopte medidas responsables orientadas á protección do medio ambiente.
Nesta ocasión queremos reinvindicar a figura da "heroína" Wangari Maathai, exemplo para moit@s na loita polo medioambiente e o emponderamento feminino.









.jpg)



