23 oct 2020

24 outubro- Día das Bibliotecas

 Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas e tomando como referencia a temática de "Xeografías Lectoras" proposta polas Bibliotecas Escolares, elaboramos  unha presentación onde atopamos  libros fóra do seu lugar e formato habitual. 


19 oct 2020

Centenario do nacemento de Miguel Delibes

 Queremos lembrarvos que  o 17 de outubro celebrouse o centenario do nacemento de Miguel Delibes,  autor prolífico e visionario que foi un referente intelectual e moral do seu tempo. Co gallo desta data, elaboramos un tríptico con todas as obras que están dispoñibles na nosa biblioteca, esperando que vos guste.








FORMACIÓN DE USUARIOS

 Como cada curso, a semana pasada recibimos ao novo alumnado de 1º de ESO para explicarlles o funcionamento da biblioteca así como a distribución do seu fondo. Tamén recibiron formación sobre o novo protocolo de seguridade da biblioteca. Grazas a tod@s pola vosa participación!





1 oct 2020

Falecemento do creador de Mafalda, Quino



Temos que despedir a Quino, creador de Mafalda,  gran ilustrador arxentino que faleceu onte na súa cidade natal aos 88 anos:

Outra vez sopa!”, di Mafalda

Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal. A nena sabia fainos rir coa súa mirada inocente e palabras tan certas e tan de actualidade moitas veces.

Aquí a vemos tratando de curar un mundo enfermo. Todos desexamos que o consiga...