27 oct 2026

ACTIVIDADES DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para festexar o Día das bibliotecas leváronse a cabo as seguintes iniciativas:

* Primeira entrega das mochilas viaxeiras que colleron rumbo aos  fogares máis lectores.

* Concesión de diplomas aos voluntari@s do curso pasado, tarefa que tiñamos pendente por facer.

* "Adopta un libro": preparación dunha mesa no vestíbulo do centro con libros descatalogados e donados para levar de agasallo.

*Xornada de portas abertas para as familias e visita á biblioteca para o profesorado do centro.





19 oct 2026

19 OUTUBRO. DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns máis próximo ao 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Santa Teresa de Jesús. 

Nesta ocasión ríndeselle homenaxe ao Lyceum Club Feminino, (1926-1939) a primeira organización cultural e laica, creada por e para as mulleres, que loitou pola igualdade social e xurídica do seu xénero.



9 oct 2026

10 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 O día 10 de outubro celebramos o Día da Saúde Mental. 

Este ano, dende a Biblioteca, eliximos traballar o benestar emocional e a relaxación nos momentos de estrés. Para a ocasión , creamos este cartel que indica algúns recursos para atopar a calma. 

"A calma é o teu verdadeiro poder"