30 ene 2023

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

Recordámosvos que hoxe, 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas:

Por unha banda, o Día Escolar da Non-violencia e a Paz  en lembraza da morte do lider pacifista Mahatma Gandhi  e coa finalidade de educar en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

E por outro, o Día da Ilustración, en recordo do nacemento de Castelao, coa finalidade de reinvindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración e que este ano homenaxeará a pintora coruñesa María Antonia Dans.

Para celebrar estas dúas datas na biblioteca preparamos unha pequena mostra con materiais que aúnan ambas conmemoracións.



25 ene 2023

OBRADOIRO PAPIROFLEXIA

Esta semana e durante os segundos recreos, na biblioteca estase a desenvolver un obradoiro de papiroflexia para elaborar pombas da paz que servirán para adornar o noso centro. 
Esta actividade está dirixida polo departamento de matemáticas, ó que agradecemos desde aquí a súa iniciativa.