Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas

30 ene 2024

30 DE XANEIRO

 O día 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse o Día da paz e a non violencia, tamén se conmemora o Día da Ilustración en lembranza do nacemento de Castelao. Para a ocasión elaboramos o tríptico, que aquí podedes ver, cunha selección de cómics de temática histórica e agrupados por épocas.




30 ene 2023

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

Recordámosvos que hoxe, 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas:

Por unha banda, o Día Escolar da Non-violencia e a Paz  en lembraza da morte do lider pacifista Mahatma Gandhi  e coa finalidade de educar en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

E por outro, o Día da Ilustración, en recordo do nacemento de Castelao, coa finalidade de reinvindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración e que este ano homenaxeará a pintora coruñesa María Antonia Dans.

Para celebrar estas dúas datas na biblioteca preparamos unha pequena mostra con materiais que aúnan ambas conmemoracións.



28 ene 2021

Cine pola paz

 O vindeiro sábado, día 30, celébrase o Día da Paz e a non violencia. Para esta ocasión seleccionamos algúns dos recursos audiovisuais que están dispoñibles na biblioteca. Esperamos a vosa visita!!!





24 ene 2018

Día escolar da Paz e a non violencia.

O próximo martes, día 30, celébrase o Día escolar da Paz e a non violencia. Para participar dende a biblioteca elaboramos o cartel, que vos amosamos deseguido, rexeitando o acoso escolar e calquer tipo de violencia. Esperamos que vos guste.


LEMBRADE:  Podedes participar vós tamén deste día escribindo a vosa mensaxe a prol da Paz no muro que estará colocado no vestíbulo do centro.

27 ene 2017

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Aproveitando que o día 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz", e que é tamén o "Día da Ilustración", elaboramos un tríptico con propostas que atoparedes na nosa biblioteca co mundo da "banda deseñada" como protagonista desta temática.


Esperamos que desfrutedes deles!

Lembrade que durante toda esta semana, poderedes colgar no "muro da paz" que poñeremos no vestíbulo, as vosas citas ou comentarios relacionados coa paz!



27 feb 2013

I FESTIVAL POLO DÍA ESCOLAR DA PAZ

O día 1 de febreiro, cun pouquiño de retraso, conmemoramos o día escolar pola paz cun festival no salón de actos ao que estiveron convidados todos os alumnos de 1º e 2º da ESO.
O festival combinou recital de textos lidos por rapaces do noso Club de Lectura con cancións interpretadas polo coro do centro e a proxección de dúas curtas.
A selección de autores foi a seguinte: Cervantes, Machado, Miguel Hernández, Alberti, Gloria Fuertes, Bertold Brech, Luis Pimentel e Eduardo Galeano.
As cancións que tivemos oportunidade de escoitar foron "Imagine", "Let it be" e "Whatever".
Atopamos as curtas nestes dous recomendables enlaces:

30 ene 2012

Día da paz

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.

Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.


Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Deámoslle unha oportunidade á Paz" "Give peace a chance!"

Give peace a chance - John Lennon

(Artigo publicado en común polas BIBES de Ferrolterra)