21 oct 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e con este motivo, elaboramos unha presentación con algunhas das bibliotecas máis "modernas" que podemos atopar en diversos lugares do mundo. Aquí vola deixamos para que as disfrutedes.


19 oct 2021

Un curso máis, co gallo de dar a coñecer a biblioteca ao novo alumnado de 1º de ESO, organizáronse sesións de formación para usuari@s. Aquí vos amosamos as imaxes da súa visita.

Grazas a tod@s pola vosa participación e esperámosvos pronto por aquí!

                                
1º ESO-A
  
1º ESO-B


 
  

     1º ESO-C

4 oct 2021

Efemérides setembro 2021

Neste mes de setembro,que acabamos de deixar atrás, celebrouse o centenario do nacemento dos escritores Carmen Laforet e Stanislaw Lem, así como os 700 anos da morte de Dante Alighieri. Con este motivo presentámosvos estes carteis nos que vos amosamos unha pequena reseña sobre as súas vidas, así como as obras que podedes atopar na biblioteca.