Mostrando entradas con la etiqueta efemérides. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta efemérides. Mostrar todas las entradas

4 oct 2021

Efemérides setembro 2021

Neste mes de setembro,que acabamos de deixar atrás, celebrouse o centenario do nacemento dos escritores Carmen Laforet e Stanislaw Lem, así como os 700 anos da morte de Dante Alighieri. Con este motivo presentámosvos estes carteis nos que vos amosamos unha pequena reseña sobre as súas vidas, así como as obras que podedes atopar na biblioteca.





15 jul 2013

150 anos do nacemento de Konstantino Kavafis (1863-1933)

Chegaron xa as vacacións e para pechar a actividade do blog este curso adicámoslle unha entrada ao poeta co que despedimos o club de lectura, Konstantino Kavafis. Kavafis foi quen de imaxinar e soñar o pasado clásico cunha enorme verdade.Él mesmo definíase como un "historiador poeta". O poder evocador da súa poesía nos debuxa dun xeito vívido aos heroes do mundo grecolatino, que deixando intacta a súa grandeza resultan ao mesmo tempo, en palabras doutro poeta "feramente humáns". E así,admiramos a Antonio que lonxe de deixarse abater cando está a piques de perder o inmenso tesouro de gobernar un imperio, mantén a dignidade que lle dá ser sabedor do seu pasado de conquistador, en O dios abandoa a Antonio; nos conmovemos co dolor de Príamo que vai a buscar o cadaver doi seu fillo benamado(Viaxe nocturno de Príamo);compadecemos ao xove Nerón que se cre inmortal desprezando os presaxios (O prazo de Nerón). Moitos son os poemas onde Kavafis canta aos sentidos, aos aromas e sons, ao amor sensual, ao viño e as tabernas e ao dolor que provoca o paso do tempo e a xuventude perdida, que volve na memoria unha e outra vez, e ás veces o fogonazo da súa lembranza ilumina a vida, vencendo a un presente gris. Por iso o poeta nos invita a gozar do momento, a deternos na viaxe, a disfrutar do percorrido mantendo na mente a ilusión do destiño, no seu máis famoso poema:Ítaca,do que deixamos a continuación a versión musicada de LLuis LLach.