VOLUNTARIADO 2022/23


8M  -  DÍA DA MULLER:
Os voluntarios/as prepararon un panel cheo de simbolismos para conmemorar o día da muller.






AXUDANDO NA ELABORACIÓN DUN MUNDO DE CORAZÓNS

Para o Día da Paz, elaboramos uns corazóns coa axuda dos voluntarios e de alumnado que deixaron as súas mensaxes de Paz. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!






OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA PARA O 25N:

Coa axuda dos voluntarios, a semana anterior ao 25 N, estivemos elaborando bolboretas para recordar as vítimas falecidas a máns dos seus agresores. Os axudantes prepararon o panel que adicamos para conmemorar este día en contra da violencia de xénero.
 Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!







QUENDAS DOS AXUDANTES 2022/23


ENTREGA DE DIPLOMAS 

Esta semana recibimos na biblioteca ao voluntariado do curso pasado para facerlle entrega dos correspondentes diplomas acreditativos. Parabéns a todxs!!!






BUSCAMOS VOLUNTARI@S PARA O CURSO 22/23:


Se che gustan os libros e a biblioteca, este é o teu lugar. 
Colabora con nós participando nas actividades, na colocación de libros, na vixianza
 e moitas outras cousas.
Podes consultar o historial do curso pasado máis abaixo. 
Non o dubides! Anótate na biblioteca ata o 23 de setembro. 





DESPEDIDA DO EQUIPO DE VOLUNTARI@S



Nesta fase final do curso, queríamos agradecer todo o traballo e colaboración dos nosos voluntari@s cunha pequena recompensa en forma de almorzo. Esperamos contar con vós de novo o curso vindeiro e que rematedes o curso con moito éxito. 
Parabéns a tod@s!!!


ACTIVIDADES POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Para esta celebración, os nosos voluntari@s colaboraron co seu traballo preparando e decorando unha papeleira especial plásticos para concienciar ao alumnado da necesidade de reciclar 
e de coidar o noso planeta. 




ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO

Os voluntarios participaron nas actvidades ALFIN programadas pola biblioteca, explicándolles aos compañeiros/as o manexo da CDU e axudándolles nas tarefas de procura. 
Moitas grazas pola vosa colaboración!


MOSTRA 8M

Colgando os traballos que o alumnado de francés realizou sobre mulleres relevantes
 ao longo da historia de Francia

 
ACTIVIDADE PARA SAN VALENTIN

Nesta ocasión, o voluntariado axudounos na exposición e elección das mellores mensaxes
adicadas ao amor ou á amistade.




ACTIVIDADES PARA O NADAL


Estes días o noso voluntariado estivo a traballar para preparar a chegada do Nadal a nosa Biblioteca.
ACTIVIDADES 25 N

Preparando a exposición temática sobre o Día contra a violencia de xénero


ENTREGA DE DIPLOMAS

O xoves 30 de setembro, tivo lugar  a entrega de diplomas aos Voluntarios do curso 2020/21 xunto cun pequeno agasallo. 

Agradecémosvos moitísimo a vosa participación e esperamos contar de novo con vós neste curso 2021-2022!!!



 Agradecemos a participación do alumnado voluntario que participa nas actividades da biblioteca. Aquí vos deixamos unha mostra da  gran axuda que nos prestan.

Preparando o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero
 
Preparando o Día da Paz



Axudando coas exposicións do alumnado










No hay comentarios:

Publicar un comentario