Nos centros educativos e bibliotecas de Galicia en novembro celébrase o Mes da Ciencia en galego. Trátase dunha iniciativa pensada para reinvindicar o uso do galego na investigación, a docencia e a divulgación científica.
En colaboración co EDLG e o Departamento de Ciclos, este luns día 9, na biblioteca levouse a cabo unha actividade na que participou o alumnado do 1º curso do Ciclo Medio de Laboratorio xunto co de 1º da eso.
Leváronse a cabo xogos, pasatempos, demostracións...coa finalidade de achegar a ciencia aos mais pequenos dun xeito lúdico.
Foi unha boa oportunidade para a interacción do alumnado de distinto nivel e estudos e para amosar que a ciencia en galego tamén é divertida!
