Co curso xa rematado, e mentras agardamos o vindeiro disfrutando das vacacións, recordamos a exposición sobre a escola de onte que ocupou as vitrinas do vestíbulo nestes meses.
Nela podíamos ver as fotos que se lle facían aos nenos na escola, que moitas veces era a única foto do ano; os libros cos que estudaron moitos e que os identifican como representantes dunha xeración, como a Enciclopedia Álvarez ou o Parvulito; pulcros exercicios de caligrafía, ás veces en verso; os cabaces onde os mais pequenos levaban o material escolar e a merenda; lápis de cores, o aroma dos cales trae moitas lembranzas; labores de costura que practicaban só as nenas; carnets escolares onde, ademáis dos datos do estudante, recollíanse as virtudes e os valores que este tiña que ter; obxectos antigos do noso centro, como a campá que facía as veces de timbre, un vello e enorme modelo de calculadora, globos terráqueos...; os pequenos Cuentos de Calleja; e todo o que podedes ver nesta presentación fotográfica.
A escola antiga on PhotoPeach
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
11 jul 2012
14 feb 2012
Omnia vincit Amor, et nos cedamus Amorem.
O amor vénceo todo, deixémoslle paso ao amor.Citamos ao poeta latino Virxilio (70-19 a.C.) porque iso foi o que pasou: máis de catrocentos corazóns estiveron expostos na biblioteca, e case a mesma cantidade de alumnos rendíronse a este poderoso deus, convertíndose en improvisados poetas que o cantaron con desigual fortuna pero con idéntico entusiasmo.
E o día de San Valentín os corazóns chegaron ás mans dos seus destinatarios, e no club de lectura houbo unha sesión especial na que comentamos poemas de temática amorosa de Quevedo, Borges, Gabriela Mistral, Juan Ramón Jiménez, Pablo Neruda entre outros.

11 mar 2011
EXPONEGRO
Non sen certa mágoa desmontamos a exposición sobre xénero negro que nos acompañou desde novembro ata agora,e xa estamos a preparar a seguinte, que vos adianto será sobre o tema de inventos e descubrementos.
Pero aínda que os libros e pelis volveron ao seu posto nos andeis da biblioteca, as súas intrigas e aventuras continúan a chamar por todos vós, lectores aficionados.
Recomendámosvos especialmente, se non os coñecedes, toda a serie do comisario Salvo Montalbano (que ten este nome porque o autor, o estupendo Andrea Camilleri, quixo facer homenaxe a Vázquez Montalbán, creador doutro detective clásico, Carvalho ) e tamén, sen movernos de Italia, pero cambiando o escenario do sur ao norte, de Sicilia a Venecia, as apaixoantes novelas protagonizadas por Brunetti, obra de Donna León.
E unha suxestión en cómic: a exitosa e multipremiada colección Blacksad, protagonizada por animais con forma e características humanas e ambientada nos Estados Unidos dos anos 50.
2 dic 2010
A semana das ciencias
A semana do 19 ao 23 de novembro tivo lugar, con grande éxito de participación, a primeira "Semana das Ciencias" organizada polos departamentos de matemáticas,ciencias,física e química e tecnoloxía.
Organizáronse varios tipos de actividades: proxección de películas e documentais no salón de actos, exposición de material científico no vestíbulo e exposición de material manipulable na biblioteca.
Nesta última a mostra veu coincidir coa exposición de fotografías do colectivo "Lapis verdes" da que poidemos disfrutar ata o día 1 de decembro e que se chama "Itinerario polo monte de San Xurxo", un percorrido polo roteiro que vai desde a praia de Doniños ata a de San Xurxo.As fotografías e os seus comentarios proporcionábannos moitos datos da flora,fauna e a paisaxe desta fermosa zona.
Tamén houbo un concurso diario de adiviñas e enigmas relacionados coa ciencia.

15 nov 2009
Mostras de ciencias
Coincidindo co bicentenario do nacemento de Darwin,a biblioteca adícalle este primeiro trimestre ás ciencias naturais.
Na propia biblioteca podedes visitar a exposición do grupo LAPIS VERDES chamada "Aforrando enerxías" , con debuxos de Leandro Lamas, que nos dá consellos sinxelos e eficaces para non malgastar os recursos dos que dispoñemos. Os nosos compañeiros da AXENDA 21 están a facer campaña no mesmo sentido.
E no vestíbulo do centro temos a mostra "Darwin e as ciencias naturais", con libros do autor e outros de botánica, zooloxía...pero non só hai libros e películas sobre a natureza e o medio ambiente, tamén están unha colección de fósiles, maquetas de froles, de froitos, do corpo humano e mesmo un aparello chamado micrótomo.
Na pantalla da entrada estes días proxéctase unha presentación de powerpoint sobre Darwin, cos seguintes apartados:
-Vida e obra de Darwin.
-Darwin despois de Darwin.
-O darwinismo social.
-Perfil humano de Darwin.
Grazas a todos os que colaborastes con materiais, suxestións e co voso traballo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)