O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e con este motivo, elaboramos unha presentación con algunhas das bibliotecas máis "modernas" que podemos atopar en diversos lugares do mundo. Aquí vola deixamos para que as disfrutedes.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
21 oct 2021
19 oct 2021
4 oct 2021
Efemérides setembro 2021
Neste mes de setembro,que acabamos de deixar atrás, celebrouse o centenario do nacemento dos escritores Carmen Laforet e Stanislaw Lem, así como os 700 anos da morte de Dante Alighieri. Con este motivo presentámosvos estes carteis nos que vos amosamos unha pequena reseña sobre as súas vidas, así como as obras que podedes atopar na biblioteca.
27 sept 2021
Convocatoria Club de Lectura e Voluntarios de Biblioteca
15 sept 2021
21 jun 2021
Recomendacións para o verán
Despois doutro curso atípico, rematamos a nosa andaina desexándovos que teñades un bo e merecido descanso nestas vacacións de verán, nas que esperamos que aproveitedes os vosos días para seguir lendo.
Esperámosvos á volta. FELIZ VERÁN A TODAS E TODOS!!!
14 jun 2021
O IMPACTO HUMANO SOBRE OS ECOSISTEMAS
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO traballaron sobre os ecosistemas e o cambio climático dos que nos fixeron partícipes e vos deixamos a mostra:
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Os alumnos e alumnas de 1º de eso elaboraron diversas presentacións sobre animais que están en perigo de extinción para concienciar á comunidade da súa necesaria protección. Dende a Biblioteca queremos eespoñer e agradecer o seu gran traballo en prol do medio ambiente.
Aquí vos deixamos algunha mostra:
9 jun 2021
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
O día 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos. Para protexelos e coidar das nosas praias e mares, vos deixamos esta presentación realizada por unha alumna que amosa perfectamente o mal que estamos a facer...
7 jun 2021
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O pasado sábado 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. O noso alumnado realizou diversas fotos da impronta humana na natureza para concienciarnos de que debemos coidar a nosa contorna. Aquí vos deixamos unha mostra. Grazas pola vosa participación!









