O próximo martes, día 30, celébrase o Día escolar da Paz e a non violencia. Para participar dende a biblioteca elaboramos o cartel, que vos amosamos deseguido, rexeitando o acoso escolar e calquer tipo de violencia. Esperamos que vos guste.
LEMBRADE: Podedes participar vós tamén deste día escribindo a vosa mensaxe a prol da Paz no muro que estará colocado no vestíbulo do centro.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
24 ene 2018
16 ene 2018
II CONCURSO INTERNACIONAL DE SOBREMESAS
O segundo concurso internacional de sobremesas foi todo un éxito de participación, e tivemos ocasión de coñecer moitas curiosidades sobre os doces presentados no idioma de orixe, e para quen non o entendera, facíase a continuación un pequeno resumo.
Parabéns aos gañadores e grazas ao xurado e a todos os que presentaron as sobremesas das que despois dimos boa conta, non quedou nen unha frangulla!
10 ene 2018
Volvemos!
¡Xa estamos de volta! Empezamos este novo trimestre convidándovos a pasar pola biblioteca e ver unha pequena mostra sobre O antigo Exipto.
Para a ocasión fixemos un tríptico cunha selección de materiais que esperamos sexa do voso interese.
Para a ocasión fixemos un tríptico cunha selección de materiais que esperamos sexa do voso interese.
27 dic 2017
Despedindo o ano
Como despedida do ano e deste primeiro trimestre do curso, na biblioteca leváronse a cabo distintas actividades das que vos damos conta deseguido.
20 dic 2017
Nadal
Hoxe, día 20, tivo lugar na biblioteca a entrega de diplomas e premios dos concursos de Cómic contra a violencia de xénero e de Deseño de marcapáxinas. Parabéns para todo o alumnado participante así como aos premiados.
Velaí deixámosvos unha presentación onde podedes xulgar por vós mesmos a calidade dos traballos dos puntos de lectura realizados
CONCURSO MARCAPÁX. 17-18
View more presentations or Upload your own.
Aproveitamos tamén a ocasión para amosaros a selección de lecturas, feitas dende a biblioteca, cuxa temática xira ao redor da data que estamos a piques de festexar. Esperamos que sexa de voso agrado e lembrade que un libro sempre resulta unha boa compañía. Felices festas a tod@ s e que o novo ano nos traia novas e marabillosas aventuras lectoras.
19 dic 2017
Charla trasplantes
Este martes día 19, visitou a nosa biblioteca Alejandro Montero Salinas, enfermeiro do CHUAC, para falar sobre a doazón e trasplantes de órganos, e concienciar ó alumnado da importancia dunha práctica que pode salvar moitas vidas.
Foron casi dúas horas, moi amenas, nas que puidemos aprender moitas cousas, e onde os rapac@s tamén foron partícipes, como podedes ver na foto que adxuntamos, practicando a maneira en que se debe levar a cabo unha reanimación cardiopulmonar.
Para todos os que non puidestes gozar desta sesión deixámosvos a ligazón a un vídeo que ensina como facer a RCP só coas mans, protagonizado polo ex-fubolista e actor Vinnie Jones.
https://www.youtube.com/watch?v=QL4LHPvC3zk
Foron casi dúas horas, moi amenas, nas que puidemos aprender moitas cousas, e onde os rapac@s tamén foron partícipes, como podedes ver na foto que adxuntamos, practicando a maneira en que se debe levar a cabo unha reanimación cardiopulmonar.
Para todos os que non puidestes gozar desta sesión deixámosvos a ligazón a un vídeo que ensina como facer a RCP só coas mans, protagonizado polo ex-fubolista e actor Vinnie Jones.
https://www.youtube.com/watch?v=QL4LHPvC3zk
14 dic 2017
Concurso marcapáxinas "Aprende a pensar coa biblioteca escolar"
Aquí tedes os traballados que resultaron premiados no Concurso de deseño de marcapáxinas. Parabéns a tod@s @s participantes e, en especial, as premiadas. Máis adiante xa vos amosaremos todos os traballos presentados.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
1 dic 2017
Kazuo Ishiguro
Para achegarnos á figura do último premio Nobel de literatura,que vai recibir o día dez deste mes, poñemos á vosa disposición esta marabillosa presentación de powerpoint, feita como é habitual pola nosa compañeira Elvira Roiz, amiga especial desta biblioteca.
ISHIGURO
View more presentations or Upload your own.
24 nov 2017
Contra a violencia dixital
A biblioteca quérese sumar ao rexeitamento da violencia de xénero sexa do tipo que sexa.
Os expertos din que nos últimos anos está a aumentar entre os máis novos esta violencia , especialmente a que se produce a través das redes sociais. Aportamos algúns datos e consellos:
ç
Hoxe ás 12.30 terá lugar na biblioteca un recital literario no que os nosos estudantes lerán fragmentos orixinais e tamén de autores da antiguedade grecolatina.Algunhas alumnas achegaranse aos mitos clásicos de Ariadna, Atenea ou as sereas, e a figura histórica de Cleopatra.
E no vestíbulo estase a proxectar unha presentación de viñetas dedicadas a este tema.
Viñetas contra a violencia de xénero
View more presentations or Upload your own.
22 nov 2017
Concurso de cómic
Este mes de novembro podedes deixar voar a pracer a vosa creatividade porque ademáis do concurso de marcapáxinas o Departamento de Orientación e vicedirección convocaron este concurso para axudar a concienciar e espertar a sensibilidade contra ese grave problema social que é a violencia de xénero.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












