3 jun 2020

5 xuño: Día mundial do medioambiente

Para celebrar de xeito moi especial este día, elaboramos este cartel informativo 
que vos deixamos a continuación. 
Nel tamén atoparedes, entre outros,  lecturas que espertarán , sen dúbida, o voso interese. 

Ese día, lembrade que haberá un eclipse lunar chamado "lúa de amorodo"

Coidemos do noso planeta para poder disfrutalo máis tempo...


16 may 2020

Recitado "Carvalho Calero" 2019



Dende a biblioteca, queremos lembrar o recitado que tivo lugar o 30 de outubro de 2019 na capela do centro cultural Torrente Ballester. 

Aquí vos deixamos o vídeo e o enlace onde o EDLG recolle toda a información sobre este recitado:  http://revistafdp.blogspot.com/




13 may 2020

17 maio 2020: Día das letras galegas

Para celebrar este día, 
realizamos este cartel lembrando con moito agarimo
 ao noso ilustre ferrolán Ricardo Carvalho Calero e ás súas obras.


Tamén vos propoñemos o xogo
 "quén é quén especial Letras Galegas" 
que confeccionamos 
para ver se os coñecedes a tod@s...


Esperamos que vos guste e lembrade que 
a lectura sempre é fonte de coñecemento.

6 may 2020

Informando sobre as mascarillas

Usar a mascarilla é un acto solidario que protexe e axuda a non expandir a enfermidade. 
Aquí vos deixamos un cartel informativo dos diferentes tipos e usos.
Ide con prudencia e sempre seguros...


1 may 2020

ADICADO AO DÍA DA NAI

Para celebrar o día da nai, 
deixámosvos todos os debuxos que enviaron os/as  vosos/as fillos/as.
Aquí aparecen todos os recibidos! Moitas grazas a  todos...




19 abr 2020

Semana do Libro

Para a semana do libro, queríamos facervos partícipes 
dunha bonita mensaxe de esperanza 
que vos deixamos aquí.
grazas a tod@s pola vosa colaboración!!! Sodes uns artistas.


Ademáis tamén vos deixamos o cartel que elaboramos para o día do libro
A lectura  sempre é unha boa compañeira nestes tempos ...


unha aperta moi forte a tod@s desde a biblioteca!!!

3 abr 2020

Período de cuarentena

Para facer mais levadeiros estos tempos do Eu quedo na casa, son moitas as institucións, organismos, grupos editoriais...que poñen a nosa disposición os seus recursos para ternos entretidos nos nosos fogares. Aquí vos deixamos algún destes recursos para que a vosa estancia na casa sexa máis amena...
Desexando que estedes tod@s ben...


Deixamos os enlaces aquí para que poidades acceder con facilidade:

Biblioteca digital Unesco: 

Biblioteca Nacional: 

Biblioteca Dixital de  Galicia: 

Galicia Le:

Planeta Libro:

Aulas Galegas:

Arte e Cultura:

Visita da exposicion:

rtve a la carta:

teatroteca:

Esperamos que vos guste moito... moita forza e esperamos vervos pronto de novo na biblioteca.

13 mar 2020

Vídeo adicado á muller


Este vídeo foi elaborado por tres alumn@s de 2ª BACH C: Elías, Carmen e Natalia, na materia de Imaxe e Son, para o 8 de marzo. 
Para realizalo, contaron coa colaboración de varias profesoras e alumnas do centro, desde 1º de ESO ata Bacharelato.
O vídeo está inspirado na canción de Matriarcas de Guadi Galego. 
O resultado é espectacular e queremos compartilo convosco. Moitos parabéns!!!
Deixamosvos o enlace aquí:

5 mar 2020

8 de marzo

Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, e xa que este curso estamos a traballar co tema das biografías,  dende a biblioteca preparamos este boletín cunha selección de obras sobre mulleres.
Lembrade que ademáis xa podedes visitar na biblioteca a exposición Valentes (tamén sobre mulleres) cedida por Amnistía Internacional.


14 feb 2020

Homenaxeando a Concepción Arenal

Este xoves día 13, o salón de actos  acolleu un acto para homenaxear a figura da ilustre muller que da nome ao noso centro. Establecéronse dúas quendas, de mañá e tarde, nas que o alumnado de 3º da ESO e Bacharelato de adultos leron 25 frases relacionadas coa súa vida. 
O alumnado de Artes elaborou con moito agarimo as caretas que se luciron durante a lectura. 
O acto celebrouse en colaboración coa Asociación Cultural Conxeito e Ferroluna Teatro. 
Grazas a tod@s por facer posible esta iniciativa que resultou ser moi enriquecedora.