O vindeiro xoves celébrase o Día das Bibliotecas. Para esta ocasión tan sinalada fixemos unha selección de lecturas relacionadas con distintas efemérides deste ano 2019, como o cincuenta aniversario da chegada do home á lúa, o quinto centenario da morte do gran Leonardo da Vinci e outras igualmente interesantes.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
22 oct 2019
20 sept 2019
Ola a todas e todos!
Dámosvos a benvida a este novo curso desexándovos un bo comenzo.Esperamos poder realizar moitas actividades que sexan do voso interese e contar coa vosa participación.
Aquí vos esperamos coma sempre tanto aos antigos usuarios coma aos novos. Co gallo de dar a coñecer a biblioteca aos novos alumnos, nos próximos días realizaremos visitas guiadas das que vos informamos a continuación.
20 jun 2019
Lecturas de verán e despedida
Remata un novo curso e vos deixamos coma sempre unhas recomendacións de lectura para estos meses de verán. Descansade e disfrutade das horas diurnas e nocturnas que vos agardan. Aquí vos esperaremos á volta... Feliz verán!!!
13 jun 2019
PALABRAS INTERVIDAS
Queremos amosarvos estos estupendos traballos tipográficos do alumnado de 2º de bacharelato na materia de Deseño: son palabras intervidas, interpretacións tomando como base da creación artística os nomes de mamíferos da fauna galega.
30 may 2019
Exposición "Insectos invasores e migratorios"
A nosa compañeira de debuxo, Marta Pérez-Louzao, de xeito moi xeneroso cedeunos estas magníficas ilustracións onde podedes observar con todo luxo de detalles estos insectos nocivos pero fascinantes. Invitámosvos a visitar a biblioteca para contemplalos.
3 may 2019
Letras galegas 2019
Para homenaxear a Antón Fraguas, o mestre galeguista que traballou todos os eidos da nosa cultura, desde a etnografía hasta a lingüística, pasando pola arte, a xeografía, a literatura e a historia, queremos compartir con vós este video.
23 abr 2019
Semana do libro
Ola a tod@s,
Despois dun breve descanso, voltamos con forza celebrando o Día do Libro. Nesta semana tan especial para nós están programadas varias actuacións da biblioteca:
- Lembra que seguimos coa iniciativa do "Libro Solidario" que poderás entregarnos durante esta semana (do 23 ao 26 de abril).
-O mércores 24 terá lugar na biblioteca unha presentación sobre a poetisa Alda Merini a cargo do profesor da EOI Marco delle Monache.
- Tamén podedes participar no Foto-Collage 2019. Aquí vos deixamos máis información:
Despois dun breve descanso, voltamos con forza celebrando o Día do Libro. Nesta semana tan especial para nós están programadas varias actuacións da biblioteca:
- Lembra que seguimos coa iniciativa do "Libro Solidario" que poderás entregarnos durante esta semana (do 23 ao 26 de abril).
-O mércores 24 terá lugar na biblioteca unha presentación sobre a poetisa Alda Merini a cargo do profesor da EOI Marco delle Monache.
- Tamén podedes participar no Foto-Collage 2019. Aquí vos deixamos máis información:
Día do Libro
Co gallo desta data fixemos unha selección de materiais nos que os protagonistas son os animais e que están a vosa disposición na biblioteca.
8 abr 2019
Libros solidarios
Pensando xa no día do libro, organizamos unha recollida de libros de lectura que podes deixar na biblioteca ata o día 23 de abril.
Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario...
Se queres saber máis, aquí deixámoste máis información
21 mar 2019
Día da poesía
Co gallo do día da poesía desde a biblioteca preparamos esta "constelación poética" cunha selección de poemas nos que os protagonistas son os animais.
Se queredes descargar o documento empregade o seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1LUj_q1bdS81qd0dv3ullmV_abU9QrycV
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






