3 may 2019

Letras galegas 2019

Para homenaxear a Antón Fraguas, o mestre galeguista que traballou todos os eidos da nosa cultura, desde a etnografía hasta a lingüística, pasando pola arte, a xeografía, a literatura e a historia, queremos compartir con vós este video.

23 abr 2019

Semana do libro

Ola a tod@s,
Despois dun breve descanso, voltamos con forza celebrando o Día do Libro. Nesta semana tan especial para nós están programadas varias actuacións da biblioteca:
- Lembra que seguimos coa iniciativa do "Libro Solidario" que poderás entregarnos  durante esta semana (do 23 ao 26 de abril).
-O mércores 24 terá lugar na biblioteca unha presentación sobre a poetisa Alda Merini a cargo do profesor da EOI Marco delle Monache.
- Tamén podedes participar no Foto-Collage  2019.  Aquí vos deixamos máis información:



Día do Libro

Co gallo desta data fixemos unha selección de materiais nos que os protagonistas son os animais e que están a vosa disposición na biblioteca.



8 abr 2019

Libros solidarios

Pensando xa no día do libro, organizamos unha recollida de libros de lectura que podes deixar na biblioteca ata o día 23 de abril. 
Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario...
Se queres saber máis, aquí deixámoste máis información

21 mar 2019

Día da poesía

Co gallo do día da poesía desde a biblioteca preparamos esta "constelación poética" cunha selección de poemas nos que os protagonistas son os animais. 


Se queredes descargar o documento empregade o seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1LUj_q1bdS81qd0dv3ullmV_abU9QrycV

19 mar 2019

15 M - Protestas mundiais contra o cambio climático

A nosa biblioteca faise eco das diversas protestas levadas a cabo en todo o mundo este venres 15 de marzo contra o cambio climático. Neste curso, eliximos precisamente a temática do mundo animal para resaltar a súa importancia e a necesidade de ser protexido polo ser humano. Por isto e moito máis, nos unimos á voz mundial contra o cambio climático que perxudica ao ser humano e tamén a tódolos seres vivos do noso planeta.
Recomendamos vivamente este exemplar do que dispoñemos na biblioteca:

11 mar 2019

Entroido 2019

Este curso tivemos un Entroido moi animado con moita participación de alumnado e profesorado.Este último co gallo da celebración dos 150 anos da Táboa Periódica atopou inspiración para os seus disfraces.

22 feb 2019

Día de Rosalía

O vindeiro domingo 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e con este motivo este venres 22 leváronse a cabo varias actividades, como lectura de poesias en todas as aulas e  na biblioteca participamos  coa iniciativa  que chamamos "Un libro, un caravel" en colaboración con o EDLG e que resultou todo un acerto. Proxectouse tamén o III acto de "No devalar dos tristes".
 Grazas a tod@s pola vosa participación; sen dúbida a repetiremos en máis ocasións.

15 feb 2019

Semana de actividades


Ao longo desta semana a biblioteca foi escenario dunha chea de actividades das que vos deixamos, a continuación, un breve resumo.
Mostra do 18º Poesía e imaxe
Visita do CPI Atios de Valdoviño e Colexio Jesús Maestro
Charla de ASPANEPS para 1º da ESO

             
               Obradoiro de origami polo San Valentín



1 feb 2019

Día da Paz



O pasado mércoles 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non violencia e da Paz e para festexalo, na biblioteca, levouse a cabo a lectura teatralizada do "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro por parte do grupo de teatro do instituto. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e as grazas pola súa actuación.