Esta semana veu visitar o noso centro a escritora zaragozana Ana Alcolea, especializada en literatura infantil e xuvenil e gañadora de varios premios.
Ao acto acudíu o alumnado de 2º da ESO que este curso leu a súa última obra El secreto del colibrí dorado. Tod@s amosaron moita curiosidade polo proceso de elaboración da novela e todo o que rodea o mundo literario. Para rematar moitos quixeron que lles asinara os seus libros.
Grazas Ana por deixar a túa pegada entre a nosa xuventude!


No hay comentarios:
Publicar un comentario