Coma en anos
anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con
texto orixinal de Paco Martín. Pódese descargar aquí.
Actividades organizadas pola biblioteca para celebrar o día do libro:
Comezamos
a semana cun cartel na entrada da biblioteca onde colocamos unha pregunta
"Por que se celebra o 23 de abril o día internacionl do
libro?". A comunidade
educativa tiña que responder e deixar no caixón de suxestión co seu nome.
Recital
de poesía : Confeccionamos a noso “Árbore poético”. Para a realización do mesmo
debuxamos unha silueta dunha árbore sen follas. O alumnado tiña que recoller ou
elaborar un poema nun papel de cor con forma de folla (actividade realizada na
aula con axuda do profesorado). O día do libro, fixemos a lectura en voz alta, na biblioteca e ían colocando na
árbore as distintas follas. Os poemas recollidos estaban en varios idiomas(
galego, castelán, inglés, francés...).Esta actividade
foi realizada polo alumnado de 1º e 2º
ESO, na que todos os participantes recibiron un agasallo.
O teu
libro favorito : Por outro lado, o alumnado de
3º e 4º da ESO, xunto con os seus mestres de lingua, fixeron unha reseña
sobre a lectura que máis lle gustou, que foi colocada no panel da biblioteca.
O
alumnado de 1º e 2º ESO participou ese día no pase dunha curtametraxe animada
“The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore”.
Os
outros grupos visionaron "Días de cine" de TVE celebraron o día do
libro do 2013 cunha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os
libros e a lectura, xa que este curso a nosa exposición temática está dedicada
ao cine e a literatura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario