Dicía Dashiell Hammett que o éxito da novela negra baseábase en que ademais da trama propiamente dita ofrecía unha crónica do estado actual da sociedade que nos rodea. Dita argumentación podería aplicárselle directamente a "Con el auga al cuello" de Pietros Markaris. Esta novelanárranos, por medio do seu protagonista o comisario Kostas Jaritos,con todacrueza as causas e consecuencias da crisegrega e as reaccións dos distintos colectivos afectados por ela ( policías, funcionarios, médicos,banqueiros, comerciantes etc.).Neste contexto de iracundas manifestacións,reacciónsdesesperadas causadaspola asfixia económica e os recortes sociais discorreo argumento da novela, unha historia de perdedores narrada por un personaxe politicamente incorrecto e aparentemente descoidadopero ao que a súa mente lle funciona á perfección." Con el auga al cuello"é algo máis que unha novela negra, ofrécenos unha historia verosímil e de triste actualidade .A Markaris preocúpalle a situación do seu país e por isoo cronista imponse ao novelista e de forma descritivacase sen concesións aos adornos literarios axúdanos a comprenderas reaccións dosseus compatriotas, as súas posturas vitais,as súas inquietudes. Os diálogos entre os personaxes non teñen desperdicio e entre chiscadelas continuas de solidariedadecara ao noso país (os feitos ocorren durante o campionato do mundo de fútbol) debúllanos unha amarga historia que ao final nos fai reflexionaro plausible que resulta nun escenario como o que nos describe.Non é unha gran obra nin o pretende, é simplemente un libro entretido, pero o autor é capaz de transmitirnos a súa preocupación polo estado de frustración e desesperación no que está sumido o seu país e no que a ausencia de saídas de futuro parece quedar resumido nun horizonte de negros nuboeiros que enmarcan un xigantesco signo de interrogación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario